займ срочно

Os casos de Coronavirus estabilízanse na bisbarra (9/9/2020)

0

Bisbarra, 9 de setembro do 2020 – O número de positivos por Coronavirus vai estabilizándose nos concellos e a situación parece pouco a pouco mellorar.

A Área Sanitaria Santiago Barbanza reduce o número de casos activos e quédase en 662 positivos. A día de hoxe unha das zonas máis preocupantes é o Deza con máis de 50 positivos por Coronavirus.

Este luns reuníase a Comisión de seguimento da pandemia en Lalín, onde hai 48 casos, e decidía novas restricións. As actividades nos centros socioculturais e o Lalín Arena terán que reducir os grupos de traballo a menos de dez persoas. A piscina non terá máis de dúas persoas por calle. A biblioteca pecha as salas de lectura e estudo e limitarase ao préstamo. Finalmente a comisión decidiu pechar tamén os parques da vila.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

A pandemia retrocede no resto da bisbarra

Nunha situación como a actual o non ter datos de moitos concellos implica na maioría dos casos que non hai novidades. Os que si se coñecen dan, en calquera caso, a impresión de que a situación comeza a controlarse.

Ordes mantense desde principios de semana en 20 casos en illamento domiciliario. Melide leva tamén uns días estable en 21 positivos por Coronavirus. Negreira parece deter o crecemento de contaxios e segue nas últimas horas en 27 aínda que por unha banda faltan por coñecer o resultado de algunhas probas PCR e por outro cinco enfermos poderían recibir a alta nos próximos días.

A Baña segue con 14 casos activos e Santa Comba mantén tamén o número en 21 desde hai uns días, concellos nos que comezan a darse altas dos contaxios producidos por encontros familiares.

Pese a que situación mellora todos os concellos emprazan a veciñanza a ser prudentes e manter as medidas de prevención. Mascarilla, distancia física entre persoas e lavado regular das mans son as mellores ferramentas para non contaxiarse e parar o Coronavirus.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies