A Vía Verde camiña con paso firme

0

Bisbarra, 7 de setembro do 2020 – A futura Vía Verde que unirá Compostela con Cerceda camiña con paso firme tras o acordo entre a Deputación da Coruña e os concellos de Ordes, Oroso, Tordoia e Cerceda.

Estes municipios veñen de encargar ao organismo provincial  a construción da que será a primeira Vía Verde da provincia da Coruña. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinou cos alcaldes de Ordes os convenios refrendados por unanimidade no último pleno provincial a través dos que estes catro concellos delegan na institución provincial a licitación e execución deste proxecto, que suporá un investimento de máis de 2,3 millóns de euros, dos que 1,86 son aportados por fondos europeos Feder.

A Vía Verde camiña con paso firmeGonzález Formoso afirmou que os concellos “xa remataron a redacción dos proxectos técnicos e contan con todas as autorizacións pertinentes para o inicio das obras polo que a sinatura de hoxe é o último paso administrativo antes de licitar e adxudicar os traballos, algo que esperamos facer este mesmo outono”.

O presidente apuntou que a Vía Verde Santiago-Cerceda, que será a de maior lonxitude de Galicia e a primeira da provincia da Coruña “é un proxecto ambicioso  é tecnicamente  complexo, que comezou a xestarse hai máis dunha década, pero agora unindo as forzas da Deputación e dos cinco concellos implicados queremos facer realidade durante este mandato”.

Mobilidade sostible e vertebración de núcleos rurais

A futura Vía Verde enmárcase na aposta do goberno da Deputación para promover un novo modelo de mobilidade sostible na provincia. Neste caso concreto, a Vía Verde “contribuirá á vertebración de distintos núcleos rurais, recuperando a vella rede ferroviaria abandonada para darlle unha nova dimensión, máis ecolóxica e sostible” e “suporá unha alternativa asegura para ciclistas e sendeiristas, que evitarán circular polas marxes da estrada”, sostivo González Formoso, que subliñou tamén a indudable “repercusión socioeconómica e turística que terá para os concellos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial