займ срочно

Tempo de piscinas ao aire libre

0

Bisbarra, 1 de xullo do 2020 – Coa chegada de xullo abren as piscinas descubertas da bisbarra e as praias fluviais, todas con unha normativa máis severa que garanta a seguridade sanitaria.

Tras a apertura no mes de xuño de moitas das piscinas cubertas e a volta as actividades deportivas agora chega o momento do lecer e por iso repasamos algunhas das instalacións que desde hoxe comezan a funcionar.

Ames

As piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro e a  praia fluvial de Tapia son das máis esperadas xa que a poboación de Ames e a máis importante da bisbarra con máis de 30.000 habitantes.

Tempo de piscinas ao aire libre

Bertamiráns

O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de 11.00 a 21.00 horas, de luns a domingo, mentres que na praia fluvial de Tapia o horario de apertura será de 15.00 a 21.00 horas, de luns a venres, e os sábados e domingos, de 11.00 a 21.00 horas. Durante estes horarios haberá servizo de vixilancia e socorrismo

Tempo de piscinas ao aire libre

Praia de Tapia

Debido á situación xerada pola Covid-19 o aforo das piscinas e da zona de esparcemento redúcese ao 75%, tal como recolle a normativa vixente.  Segue aberto o prazo de solicitude de carnés de usuario/a das piscinas municipais ata o próximo 31 de xullo. Este carné será necesario para entrar nas piscinas, xa que este ano, por razóns de control de aforo, non se venderán entradas soltas por día para acceder. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal. Este impreso deberá enviarse cuberto aos enderezos de correo  electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a.

Frades

A piscina municipal de Frades, emprazada na parroquia de Papucín, abre tamén para a campaña de verán.

Tempo de piscinas ao aire libre

Frades

O acceso seguirá sendo gratuíto pero este ano será obrigatorio reservar diariamente a entrada a través do enlace https://piscinafrades.orbinn.com/login ou a través dun enlace dispoñible na páxina web municipal (www.frades.gal). Unha reserva que se poderá realizar desde as 12:00 horas do día anterior ata as 11:00 horas do propio día de piscina. Así mesmo, e como medida excepcional e unicamente para aquelas persoas empadroadas en Frades que non teñan acceso ao Internet, o Concello de Frades tamén admitirá citas telefónicas a través do 981 695 567.

A piscina estará aberta de luns a venres, en horario de 15:30 a 21:00 horas, e as fins de semana, de 14:30 a 21:00 horas. A entrada é de balde, tendo preferencia as persoas empadroadas en Frades. Será obrigatorio o uso de máscara sempre e cando non se poida garantir a distancia mínima de seguridade de 1,5 metros. Ademais de piscina de adultos e para crianzas, os usuarios das instalacións poden desfrutar tamén dunha pista de pádel, dun parque infantil e dunha ampla zona de merendeiro.

A Baña

A instalación na Baña permanecerá aberta de 15.30 a 21.00 horas durante os meses de xullo e agosto, e de 15.30 a 20.30 entre os días 1 ao 15 de setembro. A abono familiar por mes custa 45 euros (25 € o individual), e 2 euros o pase diario. O abono por quince días custa 15 euros. Os menores de 14 anos terán acceso gratuíto á piscina.

Tempo de piscinas ao aire libre

A Baña

Na piscina é obrigatorio o uso de gorro e chancletas, así como asegurar o distanciamento social, para o que se dividiron os espazos. Durante toda a temporada, extremaranse as medidas de hixiene na instalación.

Silleda

O Concello de Silleda abrirá mañá ao público as instalacións das piscinas municipais ao aire libre de Silleda e da Bandeira. Dadas as circunstancias excepcionais deste ano non se abrirán ao público os vestiarios , co que as persoas usuarias só poderán usar as zonas comúns exteriores e os aseos, que se desinfectarán con frecuencia.

As instalacións estarán dispoñibles, de luns a venres,  en horario de 12:00 a 21:00 horas, e tendo en conta que a normativa actual permite a entrada só ao 75% do aforo, quedando nun máximo de 100 persoas no caso da de Silleda e de 80 na Bandeira.

Tempo de piscinas ao aire libre

Silleda

Tamén e para evitar a súa manipulación física, non se venderán bonos para esta tempada, cobrándose só a entrada diaria (1€). Nas últimas horas procedeuse tamén a parcelar os espazos que ocuparán as persoas usuarias, que deberán usar como norma xeral máscara de non gardarse nas zonas comúns a distancia mínima interpersoal. Será obrigatorio desinfectar as mans á entrada e saída e está prohibido fumar en todo o recinto, tal e como se acordou na modificación da ordenanza municipal a finais do pasado ano.

Padrón

Padrón abre tamén a piscina descuberta da Escravitude. As instalacións permanecerán abertas ao público ata as primeiras semanas do mes de setembro en horario de 14:00 a 21:00 horas, de luns a domingo. Se ben, os martes entre as 11:30 e as 13:30 horas a piscina estará reservada para os nenos e nenas de Padrón que sexan usuarios e participen no Campus deportivo estival.

A piscina exterior de Padrón abre ao 75% da súa capacidade, para respetar o protocolo de seguridade e control da pandemia da Covid-19 para este tipo de instalacións e actividades. Dadas as cirscunstancias, co obxectivo de garantir a normativa delimitaranse os espazos no céspede para que se respeten en todo momento aas distancias de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias. Así mesmo, ademais do socorrista haberá unha persoa responsable de vixiar que se cumpran todas as medidas da nova normalidade, e fixouse unha quenda máis para limpar e desinfectar os vestuarios

Os bonos ou entradas individuais para acceder á piscina municipal poden adquirirse nas propias instalacións ou na Casa do Concello. Cabe a posibilidade de adquirir bonos de 20 entradas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies