Afundación en casa e outros modos de pasar a corentena III

0

Bisbarra, 30 de marzo do 2020 – Seguimos atopando xeitos de pasar a corentena e que a axenda nos ofreza cousas coas que disfrutar, a cultura non pode parar.

Afundación creou para esta corentena Afundación en casa, un xeito de levar a actividade de esta institución á rede para que todo o mundo teña acceso aos contidos.

A partir das cinco de esta tarde nos ofrecen a posibilidade de participar no obradoiro lúdico musical “Cantemos xuntos” coa investigadora e música Esperanza Mara. A iniciativa ten como obxectivo divulgar a música clásica e a tradición oral popular entre o público infantil.

Este obradoiro lúdico musical estrutúrase ao redor de conceptos básicos da linguaxe musical e a interpretación vocal. Dirixido a un público familiar, para que adultos e nenas e nenos gocen aprendendo, terá un carácter interactivo e incluirá tamén obradoiros audiovisuais e concertos de pequeno formato. Dirixido e protagonizado por Esperanza Mara, cantante, violonchelista, profesora e monitora de musicoterapia, poderase seguir en directo en «Afundación en casa» os luns e os venres ás 17.00 h.

Lendo e facendo exercicio

O Grupo Serviocio, que traballa con concellos como o de Ames e o de Brión, ven de poñer en marcha o programa #EuAdestroNaCasa, unha iniciativa gratuíta aberta a todos. A proposta inclúe máis de 300 clases virtuais de tonificación, baile, HIIT, meditación, ioga e pilates para que poidan seguir mantendo a súa actividade física mentres dure o confinamento.

Para participar só é preciso rexistrarse na páxina web: www.beone.es/behome para obter as claves de acceso á aplicación, que conta con máis de 300 clases virtuais que se poden realizar na casa á hora que cada quen estime oportuna. Ademais, dende a conta de Instagram de BeOne estanse tamén a impartir clases en directo e aberto cos técnicos das distintas instalacións que esta empresa ten no país.

A rede de bibliotecas de Galicia esta aberta a todo o mundo mentres dure a corentena. Si tedes un carné xa tedes aceso e se non só precisades rexistraros entrando en https://www.galiciale.gal/ .

O concello de Santiago ven tamén de reunir na súa web outro bo feixe de recursos para o confinamento. A páxina recolle unha serie de enlaces tanto de instalacións do concello como outras moi interesantes.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial