займ срочно

As actividades se paran na bisbarra aos poucos

0

Bisbarra, 12 de marzo do 2020 – Comezou de xeito discreto pero as actividades culturais e deportivas vanse parando na bisbarra e a axenda baleirase cada día un pouco máis.

A bisbarra ve como foliadas, viaxes, competicións ou feiras quedan aprazadas ata un futuro que se presenta incerto. Polo momento só hai un contaxiado de Coronavirus que xa está na casa e controlado pero as medidas preventivas son cada vez máis rotundas.

As actividades se paran na bisbarra aos poucos

Imagen de José Manuel de Laá en Pixabay 

Aprazamentos

Unha das decisións que máis debate suscitaba na rede era que o partido do Obradoiro tivera que ser a porta pechada. A decisión da ACB de aprazar dúas semanas a competición resolveu calquera dúbida.

A decisión de suspender os actos que reúnan a máis de mil persoas afectou de cheo á Fundación Semana Verde de Galicia que viuse obrigada a pospoñer a celebración do seu salón Enerxétika 2020, o cal estaba previsto do 26 ao 28 de marzo.

A dirección da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e o Padroado do Museo do Pobo Galego decidiu tamén aprazar a décimo quinta edición da MICE, cuxa celebración estaba prevista do 23 ao 29 de marzo.

Este domingo estaba prevista a II Xuntanza de maiores de Lousame que tamén ven de aprazarse. En Silleda os maiores tamén  tiveron que pospoñer a viaxe que tiñan prevista no mes de abril ao Algarve, en Portugal.

En Brión a proxección do documental “El reto de Eva”, prevista para este domingo tivo que ser aprazada pero en este caso por motivos alleos. A ponente, Eva Giménez, vén de estar estes días en Vitoria, un dos principais focos en España do Coronavirus, e tomou a decisión de non desprazar a Brión.

Os colectivos sociais tamén paran os actos previstos. Onte contábamos que a Plataforma Casalonga Limpa de Residuos desconvocaba a manifestación de este domingo. Pola súa banda Mina Touro O Pino NON suspendeu tamén unha foliada prevista para este sábado en Bama para celebrara a denegación de permisos á mina.

Son distintos exemplos que crecerán en número ao longo de estes días. A anécdota a protagonizou o concello de Ames xa que hoxe xoves estaba prevista unha rolda de prensa para presentar un protocolo de actuación contra o Coronavirus para os funcionarios municipais e os edificios públicos… e tamén foi suspendida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies