займ срочно

Os positivos por Covid seguen crecendo en escolas e concellos (15/10/2020)

0

Bisbarra, 15 de outubro do 2020 – Os casos de positivos por Covid seguen crecendo na Área Sanitaria tanto nos centros educativos como nos concellos.

Os casos de Covid nos colexios aumentan ata 75 despois de que a última referencia, do sábado día 10, fora de 58. Desde entón destaca o aumento en centros como o CEIP Vite I, ou os IES do MIlladoiro, Pontepedriña ou Arcebispo Xelmirez que soben todos a 3 positivos. O número total de aulas pechadas é de cinco.

Aumento constante

Os casos totais seguen un aumento constante e chegan aos 628 na Área Sanitaria, sendo onte de 624 e o día 11 de 597. O concello de Vedra emitía onte unha nota na que informaba dun gromo, xa controlado, no que apareceron ata 10 casos positivos nas últimas datas e que sitúa ao concello en nivel amarelo (entre 7 e 14 casos nos últimos sete días). Ordes volve a crecer e pasou de ter un só contaxio por Covid o día 7, a cinco o día 13 e informar onte de 9 casos positivos no concello polo que está tamén en nivel amarelo.

Niveis no novo mapa da Xunta

A Xunta publica xa os datos de concellos por medio do mapa de incidencia que sitúa, para os municipios de menos de 50.000 habitantes, o nivel amarelo entre sete e catorce casos nos últimos días, o laranxa entre 14 e 21 e o vermello en máis de 21 casos. Ames é o único con cor vermello xa que onte tiña 97 casos de positivos por Covid. En nivel laranxa están Teo, A Pobra e Porto do Son; en nivel amarelo Ordes, Mesía, Vedra, A Baña, Muros e Boiro estando o resto da Área Sanitaria en verde, por debaixo de 7 casos nos últimos sete días.

Santiago, por ser concello de máis de 50.000 habitantes, está tamén en cor vermellos por ter nos últimos sete días máis de 112 novos positivos por Covid.

Limitación das reunións

A Comite Clínico reunido este martes decidiu ademais acordar limitar as xuntanzas en toda Galicia, tanto públicas como privadas, a un máximo de dez persoas; unha decisión que entrou en vigor desde esta madrugada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies