O Val do Ulla convoca unha nova edición do programa Galeuropa

0

Bisbarra, 23 de xullo do 2019 – Os Concellos de Boqueixón, Touro, Vedra e Vila de Cruces veñen de publicar a convocatoria dunha nova edición do programa de mobilidade xuvenil Galeuropa.

O programa Galeuropa está dirixido á mocidade de entre 18 e 30 anos que ten como principal obxectivo reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

Ofrécense un total de 20 prazas; máis concretamente, as mobilidades ofertadas levarán ás persoas seleccionadas a Cork (Irlanda, con 4 prazas), Italia (Sicilia, con 8 prazas) e Malta (8 prazas). Ditas prácticas en empresas deberanse realizar entre o 30 de agosto e o 30 de novembro. Ademais das propias prácticas e o seu seguimento, o programa cubre a manutención, viaxe, seguro, aloxamentos e preparación lingüística das persoas mozas que participen.

O prazo establecido para presentar as solicitudes é de 10 días hábiles a partires do día seguinte á publicación da convocatoria nas webs municipais dos catro Concellos. As bases completas e a instancia a cubrir pódense consultar e descargar en www.concellodevedra.com

As persoas aspirantes ao programa Galeuropa 2019 terán que presentar por Rexistro de Entrada no Concello de Boqueixón a instancia (ficha de inscrición coa documentación requirida adxunta: copia do DNI, certificado de garantía xuvenil, currículum vitae europeo en galego e en inglés e se é o caso xustificante de ser vítima de violencia de xénero, persoa con discapacidade ou persoa en risco de exclusión social), ou por calquera das formas previstas na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, (neste caso os/as aspirantes deberán comunicalo mediante e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias).

Para máis información, as persoas interesadas pódense poñer en contacto a través do e-mail galeuropavaldoulla@gmail.com ou dos teléfonos 981 814 566, 981 513 115, 986 582 017 ou 669 450 801.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial