O Camiño das Estrelas trae novas observacións astronómicas á bisbarra

0

Bisbarra, 26 de agosto do 2019 – A iniciativa titulada ‘O Camiño das Estrelas. As Estrelas do Camiño’, estende a experiencia divulgativa do Observatorio Astronómico Ramón María  Aller da Universidade de Santiago aos concellos do Camiño de Santiago.

O Camiño das Estrelas forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia. Con esta iniciativa os profesionais do Observatorio poñen en valor a secular relación da Astronomía co Camiño de Santiago. O proxecto está encamiñado a promover o importante patrimonio natural e cultural como é a Vía Láctea e impulsa o turismo astronómico.

O calendario que comezou hai uns días en Sanxenxo continuará durante o que queda de agosto e setembro. As vindeiras accións previstas serán hoxe luns en Padrón; o 27 de agosto en Ordes, o 29 de agosto en Lalín e o 30 de agosto no Alto da Agrela, no concello de Teo. As actividades comezarán ás 22,00 horas, agás en Teo, cando está prevista para as 21,30 horas.

No mes de setembro o calendario desta iniciativa continuará o día 4 en Ordes, o 5 de setembro no Pico Sacro, en Boqueixón; o 6 de setembro en Vedra, o 20 de setembro en Lalín. En todos os casos as actividades comezarán ás 21,30 agás en Lalín, que será ás 21,00 horas.

Máis de 300 proxectos en toda Galicia

A iniciativa O teu Xacobeo promovida polo Goberno galego acolle unha ampla oferta de actividades para estender por toda Galicia os valores do vindeiro Xacobeo 21. O programa conta cun investimento de 4,7 millóns de euros para poñer en marcha 352 proxectos espallados por toda Galicia e deseñados por concellos, entidades sen ánimo de lucro e empresas galegas, convidando deste xeito á participación de toda a cidadanía e a descentralización da programación do próximo Ano Santo.

As actividades incluídas na programación de O teu Xacobeo abarcan temáticas como a difusión da cultura, o patrimonio, a gastronomía, o deporte e a arte de Galicia coa vista posta na promoción do Xacobeo 2021. Neste caso, as accións enfocadas cara ás actividades de astronomía pretenden promover o turismo astronómico e científico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial