Primeira peregrinación polo Camiño Inglés desde que Enrique VIII as prohibira no século XVI

0

Bisbarra, 9 de marzo do 2020 – O Camiño Inglés volve a ter peregrinos desde que no século XVI o Rei británico Enrique VII prohibira percorrer a ruta.

Primeira peregrinación polo Camiño Inglés desde que Enrique VIII as prohibira no século XVIOs peregrinos saíron da Abadía de Finchale, onde nace o Camiño Inglés, e chegaron por mar a Ferrol. Alí foron recibidos polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo Deputado Provincial Antonio Leira, uns dos principais impulsores da recuperación de esta ruta.

Foron un total de 14 persoas procedentes de Durham e Newcastle. O venres chegaron a Oroso e foron recibidos polos concelleiros Luis Rey e Beatriz Rodeiro. Xo domingo chegaron a Santiago onde foron recibidos polo concelleiro de Turismo Sindo Guinarte.

Primeira peregrinación polo Camiño Inglés desde que Enrique VIII as prohibira no século XVIDespois de dar a benvida ao grupo e de saudar aos seus integrantes, Guinarte sinalaba que o Camiño Inglés “é un dos camiños que máis se está revitalizando”. Engadía que “desde o Concello estamos encantados de recibir a estas persoas que ven de Inglaterra e por en valor e facer patente a nosa vontade acolledora”. O concelleiro de Turismo finalizaba sinalando que  tanto este ano, como o que ven, posiblemente esta ruta xacobea incrementará “notablemente o número de persoas que a percorren”.

Primeira peregrinación polo Camiño Inglés desde que Enrique VIII as prohibira no século XVI

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial