Caritas Milladoiro, teo e contorna atende xa a 265 familias

0

Bisbarra, 28 de abril do 2020 – A crise do Coronavirus está xerando serios problemas nos máis vulnerables como o demostra que a delegación de Cáritas no Milladoiro atenda xa a 265 familias.

Desde que comezou a crise Caritas leva atendidas a 900 persoas só no ámbito do Milladoiro, Teo e a contorna máis próxima.

Caritas Milladoiro, teo e contorna atende xa a 265 familiasAs familias teñen ademais menores ao seu cargo. A axuda que se lles facilita é de alimentos de primeira necesidade, medicación e artigos básicos de hixiene persoal. Caritas agradece as donacións de empresas e particulares pero pide que non paren xa que a emerxencia continua.

Menores

Nas 265 familias atendidas viven 290 menores. A media de idade é de oito anos e medio e na maioría dos casos eran usuarios dos comedores escolares. Tendo en conta a renda familiar non pagaban ese recurso ou pagaban unha cuota mínima, polo que agora os gastos en alimentación son maiores e, en moitos casos, os ingresos diminúen.

Caritas Milladoiro, teo e contorna atende xa a 265 familias

Imaxen de Lukas Bieri en Pixabay

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial