займ срочно

Casa Grande de Xanceda sega o símbolo da muller polo 8 de marzo

0

Bisbarra, 6 de marzo do 2020 – A granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda debuxa na herba o símbolo da muller para conmemorar o 8 de marzo.

Casa Grande de Xanceda, quixo reivindicar á muller dedicando unha das súas praderías ecolóxicas para debuxar o símbolo da muller máis grande do mundo, feito en herba. Mide uns 75 metros de longo e 35 m de ancho e está situado en Xanceda, A Coruña.

Casa Grande de Xanceda sega o símbolo da muller polo 8 de marzoFronte ás manifestacións multitudinarias nas cidades con motivo do 8 m, os responsables desta granxa quixeron sumarse coa versión rural:  “No rural é moi difícil encher rúas e prazas…  así que esta pareceunos unha forma moi visual e rechamante de facer esta reivindicación da muller, pero desde o rural”.

A igualdade no rural: dobremente difícil de alcanzar

Con motivo do 8 m, día internacional da muller, esta granxa galega non só quere reivindicar ás mulleres senón tamén lembrar que no rural a igualdade é aínda máis difícil alcanzala. Sobre todo, pola falta de servizos como garderías ou centros de día para maiores nas áreas rurais, este déficit de servizos é cuberto moitas veces polas mulleres, sacrificando o seu tempo persoal, a súa independencia ou o seu desenvolvemento profesional. Por iso piden máis servizos para o rural como medida de igualdade, pero tamén, como fórmula de apoio a un rural cada vez máis  despoboado.

Unha granxa onde a maioría son mulleres

Casa Grande de Xanceda é unha granxa ecolóxica de vacas que saen a pastar todos os días, co seu leite elaboran iogures ecolóxicos e empregan a 45 persoas, das que o 60% son mulleres. E non é a primeira vez que reivindican á muller, o pasado 15 de outubro converteron un dos seus cortellos nun mural reivindicativo coa axuda dunha  grafitera local.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies