Padrón e Santiago lembraron a Rosalía

0

Bisbarra, 26 de febreiro do 2020 – A Fundación Rosalía de Castro organizou en Santiago e Padrón os actos de conmemoración do 183º aniversario do nacemento da poetisa galega.

Entre os participantes estivo o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen dixo que Rosalía de Castro  “elixiu o galego para falar, non só dos problemas e da vida da xente humilde de Galicia e, dunha maneira especial, das súas mulleres, senón tamén para falar de sentimentos e ansias universais”. “Con esta escolla”, sinalou o secretario xeral, “converteu un idioma relegado en lingua de cultura e aberta ao mundo cuxa literatura emociona en Xapón, en Rusia, nos Estados Unidos ou en Sudáfrica, porque lle fala, en galego, ao mundo enteiro”.

Padrón e Santiago lembraron a Rosalía

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participa coa Fundación Rosalía de Castro e os alcaldes de Santiago de Compostela e Padrón na celebración do Día de Rosalía.

Xunto co secretario xeral de Política Lingüística interviñeron nos actos do Día de Rosalía o alcalde de Padrón, Antonio Fernández; a tenenta de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón, respectivamente, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira Viturro.

A celebración comezou na praza de Vigo de Compostela, ao pé do monumento conmemorativo do nacemento de Rosalía de Castro.

A comitiva participante desprazouse despois ata a estatua da autora na Alameda compostelá e, posteriormente, á capela do Hostal dos Reis Católicos, onde foi bautizada. En estes tres sitios fíxose unha ofrenda floral. No Hostal dos Reis Católicos, ademais, os representantes das institucións escolleron e leron cadanseu texto rosaliano e posteriormente escoitaron algunhas pezas musicais a cargo de Benjamín Vázquez e Sabela King. O grupo de música tradicional Carapaus acompañou tamén coa música das súas gaitas todos os actos, que abriu e despediu coa Alborada de Rosalía.

Os participantes remataron a xornada coa degustación dun caldo de gloria, unha iniciativa inspirada no poema rosaliano Miña casiña, meu lar na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. Un caldo que os participantes volveron a degustar, xa pola tarde, na sede da Fundación Rosalía de Castro en Padrón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial