Denuncian o traslado irregular da matrona de Tordoia a Santiago

0

Tordoia, 7 de febreiro do 2020 – Ás continúas queixas polos problemas na atención pediátrica súmase agora a denuncia polo traslado da matrona titular de Tordoia a Santiago.

CIG-Saúde considera que o traslado da matrona fíxose dun xeito “irregular e ilegal”. O cambio, según o sindicato, obrigará ás mulleres a facer 40 quilómetros para ir a Ordes e provocará unha sobrecarga para un centro de saúde que xa asume a atención das mulleres desa vila, as de Frades, as de Tordoia e, a maiores, as de Mesía cando a titular dese centro de saúde está de baixa ou colle as vacacións.

CIG-Saúde realizou onte unha concentración, para denunciar o desmantelamento dos servizos sanitario no rural e o crecente afastamento da atención sanitaria da poboación, neste caso das mulleres. Sinalan que concellos como o de Frades ou o de Ordes xa acordaron instar ao SERGAS e á consellaría de Sanidade a mellorar o servizo de matrona e denunciaron que o sindicato tamén está pendente dunha reunión co SERGAS desde o 18 de outubro.

Denuncian o traslado irregular da matrona de Tordoia a SantiagoPrograma da muller

Os representantes sindicais tamen denuncian que os datos emanados do SERGAS “están sesgados” porque establecen o rango de actuación do Programa da Muller entre os 15 e os 65 anos, excluíndo as mulleres que non están nese abano de idade. “Fan ese rango para calcular o número de mulleres que precisan atención e crean, en función diso, un posto de matrona, cando a realidade é que fan máis traballo porque as que están fóra dese abano tamén precisan atención”.

Xunto a isto denuncian que o SERGAS non entra nos programas de atención integral á muller, prevención de incontinencias urinarias, saúde sexual, menopausia, atención no climaterio ou prevención de cancros xinecolóxicos.

Para a CIG-Saúde esta situación está a provocar que haxa mulleres tratadas como de primeira ou de segunda en función do concello no que viven, neste caso Tordoia. Lembran que segundo a lexislación e os modelos de xestión que se implantan “hai que centrar a atención no doente coa implicación de todos os profesionais na toma de decisión mediante o uso da xestión clínica como ferramenta para evolucionar dun sistema xa superado de organización por compartimentos a outra transversal.

‘Recortan’ a matrona de A Baña

Algo semellante ocorre na Baña, onde un cento de persoas se concentraron o pasado sábado diante do centro de saúde, convocadas pola CIG-Saúde, para protestar polo novo horario asistencial que se lle impón desde a Xerencia de Santiago, á matrona. Concentración que se repetirá o vindeiro sábado de 10:00 a 12:30 horas.

Até o de agora, viña desenvolvendo unha xornada de 4 horas (mínimo de 10:00-14:00 hs), pero co novo horario pasa a ter de 10:00 a 12:30 de tempo presenza e o resto do treito horario de 8:00-10:00 e de 12:30-15:00 horas ten que estar localizable no concello. “Volvemos asistir a un caso máis de desmantelamento da medicina rural e dos equipos que a forman, e neste caso, nun incumprimento da carteira de servizos que oferta a propia xerencia de xestión”, denuncian desde a CIG-Saúde de Compostela .

Por iso demandan da Xerencia que expliquen como incorren en gasto, xa que até o de agora ese centro non prestaba asistencia sanitaria o sábado, porque se facía garda no concello limítrofe de Negreira. Ademais agora, ante a denuncia de CIG-Saúde a xerencia tivo que contratar un traballador, xa que o sábado anterior tivera que estar soa no centro, “o que é  a todas luces unha ilegalidade”, afirman.

A matrona conta co apoio das mulleres dos concellos de A Baña e de Negreira que ese mesmo día estiveron a recoller sinaturas para presentar diante do SERGAS, co obxectivo de que muden esta decisión.

Na mobilización participou tamén unha representación do colectivo de Matronas e da asociación da mesma.

Dáse a casualidade de que no concello de A Baña tamén se iniciaron hai uns 20 días mobilizacións ante a falta de pediatra o que vén confirmar a folla de ruta do PP de desmantelamento da sanidade pública no rural e o afastamento de servizos da poboación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial