Comeza o Entroido dos Xenerais da Ulla

0

Bisbarra, 7 de febreiro do 2020 – A terraza do concello de Santiago acolleu a presentación do Entroido dos Xenerais da Ulla que comeza esta mesma fin de semana.

Serán 24 atranques ao longo dos oito concellos nos que se celebran os Xenerais da Ulla. Múltiples asociacións veciñais e comisións de festas organizan cada ano esta Festa, que conta tamén coa colaboración conxunta dos Concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.

Calendario con indicacións

Á presentación asistiron os alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández; Touro, Ignacio Codesido,; Vedra, Carlos Martínez; e os concelleiros da Estrada, Juan Constenla; Santiago, Gonzalo Muíños; Silleda, Mónica González; Teo, Iria Otero, e Vila de Cruces, Julio López. Ademais, tamén participaron xenerais e representantes veciñais dos concellos nos que se celebra este Entroido.

Atranques e actividades paralelas

xenerais da ullaA apertura do Entroido será o vindeiro sábado 8 de febreiro, con dous atranques, un en Vilanova, no concello de Vedra, e outro no Castiñeiriño, no concello de Santiago. O programa prolongarase ata o xoves 5 de marzo, no que rematará cun atranque en Fonte Díaz, no concello de Touro, na chamada Feira do cinco.

Ás habituais accións de promoción conxunta dos oito concellos, tales como folleto, cartel, web, redes sociais, etc., este ano engádeselle un Concurso de Fotografía Dixital, que premiará as instantáneas que mellor reflictan a idiosincrasia deste Entroido tradicional, tendo en conta os diversos elementos que o conforman: xenerais, correos, abandeirados, coros, etc., resaltando a perspectiva de xénero e idade dos participantes. Ademais, para garantir a pervivencia da tradición e dar continuidade aos atranques infantís de anos anteriores, este ano o Concello de Vedra promove a Escola Municipal de Xenerais da Ulla, na que están a participar vinte nenos e nenas de 9 a 16 anos.

Dende o século XIX

O Entroido dos Xenerais da Ulla remonta as súas orixes á primeira metade do século XIX e baséase nos enfrontamentos bélicos que se viviron na comarca nese período: a invasión do exército napoleónico, a revolución do 1846 ou as guerras carlistas. Os oito concellos nos que se celebra o Entroido traballan conxuntamente na revitalización e promoción desta festividade dende o 2011.

xenerais da ulla

As personaxes máis importantes son os xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón.

Calendario con indicacións xeográficas

Sábado 8 febreiro

19.00 h. Vilanova (Vedra) Campo da Festa de Picón

19.30 h.Castiñeiriño (Santiago de Compostela) Campo da Festa

Domingo 9 de febreiro

20:00 h. Rarís (Teo) Campo da Festa

Sábado 15 febreiro

18:00 h. Lamela (Silleda) Campo da Festa

19:00 h. Marrozos (Santiago de Compostela)

19:30 h. Reis (Teo) Campo da Festa

Domingo 16 de febreiro

16:30 h. Bama (Touro) Campo da Festa

16:30 h.Merza (Vila de Cruces)

19:00 h. Angrois (Santiago de Compostela) Campo da Festa de Soutiño

19:30 h. Reis (Teo) Campo da Festa

Sábado “de Entroido” – 22 de febreiro

17:30 h A Bandeira (Silleda) Praza de Juan Salgueiro

18:30 h.Aríns (Santiago de Compostela) Campo da Festa

19:30 h. Santa María de Teo (Teo) Campo da Festa

Domingo “de Entroido” – 23 de febreiro

16:30 h. Piloño (Vila de Cruces) Campo da Festa

19:00 h. Sergude (Boqueixón) Campo da Festa

19:00 h. O Eixo (Santiago de Compostela) Carballeira do Souto – Santa Lucía

Martes  “de Entroido” – 25 febreiro

16.00 h. Fao (Touro) Campo da Festa

19.00 h. Entroido Municipal (A Estrada) Campo da Feira

Sábado “de Piñata” – 29 febreiro

19:00 h.San Xián de Sales (Vedra) Campo da Festa

Domingo “de Piñata” – 1 marzo

XXXVII Festa da Filloa – Lestedo (Boqueixón)

12:30 h. V Gran Desfile dos Xenerais da Ulla

17:30 h. Atranque dos Xenerais

16:00 h. Salgueiros (Vila de Cruces) Campo da Festa

19:00 h. Santeles (A Estrada) Campo da Festa

Xoves 5 marzo

12:00 h.“Feira do 5” – Fonte Díaz (Touro)

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial