O comercio local ten morriña de ti

0

Bisbarra, 2 de abril do 2020 – A Asociación Galega de Xerentes Centros Comerciais Abertos ven de poñer unha campaña en marcha denominada A morriña non ten brazos pero aperta o corazón.

A iniciativa busca dar a coñecer a esta nova asociación e lembrar aos clientes que o comercio local ten morriña deles, que sempre está aí aínda cando está pechado.

A promoción durará ata o 12 de abril e quere premiar a fidelidade dos clientes nun momento tan duro para os comercios. Para colaborar nesta campaña @s interesad@s deberán acceder á conta de facebook da Asociación e buscar o post do concurso. A participación é moi sinxela, xa que só haberá que compartir o post de maneira pública, facer un comentario indicando o que botan de menos do comercio local cun texto, debuxo, foto ou vídeo e indicar a poboación onde lles gustaría comprar no caso de gañar un dos vales compra.

A Asociación otorgará 27 vales de compra de 50 euros por cada CCA que participe na promoción. NO caso da bisbarra colaboran Santiago Centro e Compostela Monumental e asociacións da Estrada, Lalín, Noia ou Arzúa.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial