Continúa o reparto de mascarillas nos concellos

0

Bisbarra, 8 de maio do 2020 – Os concellos continúan co reparto de mascarillas en domicilios e negocios preparando o desconfinamento.

Compostela recibía onte da Subdelegación do Goberno 15.000 mascarillas máis que se suman as 10.000 que o domingo recollía a Policía local e que xa se están a repartir no transporte público e nos taxis.

Continúa o reparto de mascarillas nos concellos

Entrega de mascarillas en Compostela

As 15.000 máscaras entregadas ao Concello de Santiago foron recollidas pola responsable de Protección Civil en Santiago, Begoña del Río, para distribuír segundo as necesidades e prioridades que vaian xurdindo nestas primeiras fases de desescalada.

Reparto na bisbarra

Non é Compostela a única vila en repartir mascarillas. Todos os concellos da bisbarra, en maior o menor medida, levan desde finais de abril distribuíndo esta protección.

Frades repartiu máscaras reutilizables a todas as persoas adultas e cativas empadroadas no municipio. O alcalde, Roberto Rey indicou que “se houbo algún erro no reparto e algunha persoa ou vivenda quedou sen máscara, non ten máis que chamar ao 981 695 567 e achegarémoslla ao seu domicilio”.

Noia está a enviar máis de 11.000 máscaras por correo. Persoal municipal entregou onte 2.030 sobres, que se suma aos 3.550 achegados a principios da semana. “En total, entregamos máis de 11.000 máscaras en Correos para repartir aos domicilios de Noia e nos próximos días reforzaremos ese reparto con novas entregas”, explica o alcalde, Santiago Freire Abeijón.

Oroso aproveitou o permiso de saída para os cativos e repartiu entre os nenos 700 mascarillas. As mascarillas forn de dous tipo de medida para as idades de 3 a 7 anos e outra para os de 7 a 12.

Son só 3 exemplos que mostran a implicación de todos os concellos na prevención da pandemia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial