A bisbarra contra o Coronavirus XII, dobremente confinados

0

Bisbarra, 28 de abril do 2020 – Hai moitas circunstancias nas que o Coronavirus deixou as persoas dobremente confinadas, en esta ocasión fixámonos no colectivo LGTBI e no Autismo.

Falamos da crise do Coronavirus coas presidentas da Asociación Arelas, Cristina Palacios, e Normalizautismo, Isabel González. As dúas coinciden nunha valoración moi preocupante: si a situación de ambos os dous colectivos era moi mellorable antes do confinamento esta crise supuxo un retroceso que costará recuperar.  

Arelas

Arelas é a Asociación de Familias con menores transexuales. O problema non está en este caso dentro da asociación, senón nos menores LGTBI que non teñen o apoio das familias tal e como nos explica a presidenta, Cristina Palacios

Desde que comezaron a traballar hai 5 anos fixeron unha campaña de divulgación que os levou a recibir chamadas e mensaxes de menores que buscaban axuda. A crise do Coronavirus incrementou estás peticións de axuda e desvelou situacións moi preocupantes

Cristina Palacios menciona a palabra banalización e preguntamos si ese é un dos principais muros cos que se teñen que enfrontar os menores LGTBI

As crises sociais sempre afectan máis aos colectivos LGTBI, os problemas aos que habitualmente se enfrontan crecen e aumentan. En moitos casos terán que volver a convivir cunha familia que nunca os acabou de entender. A pandemia supón xa para este colectivo un terrible paso atrás

A bisbarra contra o Coronavirus XII, dobremente confinados

Imxen de Flore W en Pixabay

Normalizautismo

Normalizautismo Galicia é unha Asociación que engloba a familiares e amigos de persoas con trastorno do espectro autista (TEA). O máis complexo para este colectivo foi trasladar as rutinas diarias ao confinamento e facerlles entender a imposibilidade de saír a rúa como nos conta a presidenta Isabel González

Dentro do espectro autista hai moitas persoas cunha especial sensibilidade a tocar certas texturas, ulir certas cousas ou levar enriba cousas que lles poden producir angustia. Preguntamos polo uso de luvas e mascarillas con estes rapaces

A crise aumentou a sensibilidade da poboación con respecto a moitos temas, conseguir entender e empatizar co autismo nunca foi doado pero esta crise supuxo para o colectivo un paso atrás

Hai moitos colectivos que non saen nas portadas, desde os emigrantes aos que sofren enfermidades raras ou distintos tipos de violencia, para eles a pandemia supuxo un aumento dos problemas que sofren a diario. A sociedade ten a responsabilidade de non deixalos atrás e conseguir que, cando menos, saian da crise como estaban e non peor.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial