A bisbarra contra o Coronavirus IX, Melide

0

Melide, 16 de abril do 2020 – Seguimos camiñando pola bisbarra para comprobar como se vive a pandemia e hoxe achegámonos a Melide.

Falamos co socialista José Antonio Prado, é o primeiro tenente de alcalde e goberna en coalición con Adiante Melide, formación gañadora das últimas eleccións municipais.

A bisbarra contra o Coronavirus IX, Melide

José Antonio Prado

Nin José Antonio Prado nin o alcalde, José Manuel Pérez, pensaron nunca que sería unha lexislatura sinxela pero Prado recoñece que nos poucos meses que levan pasoulles moito máis do que podían imaxinar e a pandemia é o último, e o peor, dos problemas que afrontan

O tenente de alcalde describe moi ben a situación das rúas, tristes e baleiras, pero destaca o compromiso e a actuación dos veciños

Por outra banda o concello está poñendo todos os medios ao servizo da poboación e centrándose na limpeza da cidade e na desinfección

Como no veciño concello de Arzúa aquí hai dous sectores nos que incide de xeito directo esta crise, o campo e o turismo

E tamén, como no resto das vilas, a vista está posta nun despois que aínda non ten data pero no que todos teremos que traballar

Nas últimas xornadas falouse desde a Xunta de Galicia de que o Ano Santo ten que ser o motor da revitalización, Melide terá sen duda postas as súas esperanzas de recuperación en ese evento que pode significar unha mellor posición que outros para saír da crise.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial