A bisbarra contra o Coronavirus VII, Oroso e Padrón

0

Bisbarra, 1 de abril do 2020 – Hoxe visitamos dous concellos como Oroso e Padrón que buscan a normalidade dentro da excepcionalidade que vivimos.

Buscamos a reflexión de Manuel Mirás, alcalde de Oroso, como político con anos de experiencia que se enfronta a algo nunca vivido. En Padrón recollemos as declaracións de Ana Lueza, Concelleira de asuntos sociais quen nos conta como se vive o día a día na capital do Sar.

Oroso

Oroso é un dos concellos nos que se coñece a existencia de positivos. Manuel Mirás, o alcalde, considera que pasou xa o momento de mirar as cifras día a día ou por concello e centrarse en resolver unha situación excepcional

Mirando ao futuro será moi importante a unidade. Mirás recoñece que o modelo de sociedade terá que cambiar moito e que os recursos dedicados a cidadanía terán que ser maiores a base de reducir outras partidas

Oroso, como o resto de concellos ten en marcha programas de todo tipo para axudar no confinamento en na falta de recursos básicos. Toda a información pódese atopar na súa web

Padrón

A Concelleira de asuntos sociais de Padrón, Ana Lueza, cóntanos como foron os primeiros momentos de esta crise e que medidas se tomaron

Unha das maiores preocupacións segue sendo o SAF, o servizo de axuda ao fogar, e o risco que corren a diario os traballadores

Finalmente a concelleira explica como é o día a día e a solución que se buscou para os sen teito

O concello de Padrón publica cada día no Facebook municipal toda a información necesaria sobre a crise e as novidades que van aparecendo, podedes consultalo en este enlace.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial