A bisbarra contra o Coronavirus V, hostalería e turismo

0

Bisbarra, 26 de marzo do 2020 – O sector do turismo e a hostalería está sufrindo por culpa do Coronavirus a peor crisis das últimas décadas e sen un horizonte claro.

A bisbarra contra o Coronavirus V, hostalería e turismoOs profesionais vense obrigados a manter os locais pechados e miran con temor o que virá cando remate a pandemia do Coronavirus. Falamos con responsables e propietarios para coñecer un pouco máis de cerca como o vive o sector.

Unha cidade centrada na crise

Sindo Guinarte e o concelleiro de turismo de Santiago, pasou de estar planificando a Semana Santa e o verán a loitar co resto do goberno municipal contra o Coronavirus. Guinarte explica que no momento actual o que se pode facer ten que ver coas taxas e impostos pero a vista hai que poñela no futuro

A bisbarra contra o Coronavirus V, hostalería e turismo

Sindo Guinarte a esquerda xunto a Loís López da Nave de Vidán

Algúns expertos indican que cando todo pase o turismo interior na península pode verse reforzado pero o concelleiro considera que é aventurado facer previsións de ningún tipo.

Sara Santos é a presidenta da Asociación de Hostalería de Compostela e comarca. Propietaria dun hotel na zona vella pasou de contratar a dúas persoas máis antes as boas previsións a ter que pechar o negocio

A bisbarra contra o Coronavirus V, hostalería e turismo

Sara Santos

Sara rexeita o mito do hostaleiro rico. Explica que é un sector que vive o día e que poucos poden permitirse pechar un mes

En primeira persoa

Nos últimos meses Lindeiros publicou distintos artigos de negocios de hostalería. Quixemos preguntarlles como o están vivindo, coñecer en primeira persoa o que pensan da situación actual.

Álvaro Pérez é o propietario de Artesana . Recoñece que esta crise pillounos nun momento no que estaban pensando máis en crecer que en pechar pero explica que os negocios poden ter problemas moi serios

A bisbarra contra o Coronavirus V, hostalería e turismo

Álvaro Pérez de Artesana

Álvaro leva a problemática a máis sectores e incide en que é un sector que ten porcentaxes de beneficio moi baixos polo que o ano que acababa de comezar preséntase moi escuro

Maica Couto é a xerente de 3 dos locais da Nave 5 da Praza de Abastos, pechados agora polo Coronavirus. Tivo que tomar a decisión de presentar un ERTE para que os seus traballadores puideran seguir cobrando e aínda que mantén as ganas de volver recoñece o complicado da situación

A bisbarra contra o Coronavirus V, hostalería e turismo

Maica Couto rodeada do equipo da Nave 5

Tomas é o cociñeiro e propietario, xunto con Bianca, de A Viaxe. Non sabe que pasará e ven un futuro complicado, máis incluso ante a incerteza da volta

A bisbarra contra o Coronavirus V, hostalería e turismo

Bianca e Tomas na Viaxe

Tomas cre que a oportunidade pasa pola unión. Cando todo pase cada local terá a súa problemática pero será máis doado arranxalo unidos

A hostalería é un dos motores de Santiago e a súa bisbarra. Sempre criticada pero usada a diario. Na maioría dos casos xente con familias e empregados que viven facendo previsións a medio prazo, previsións que dependen de multitude de factores que poden botalas por terra en calquera momento.

A todos nos gustan as terrazas, tomar cafés, tertulias tras unha boa cea ou unha boa comida, cando todo pase teremos tamén que axudalos a estar aí de novo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial