займ срочно

A Bisbarra contra o Coronavirus X, Brión

0

Brión, 21 de abril do 2020 – O concello de Brión é posiblemente dos mellor preparados para unha crise como a do Coronavirus grazas a súa aposta polo local.

Ao longo dos últimos 40 anos o seu alcalde, José Luís García, reforzou aspectos como un urbanismo moderado, a produción local ou unha brigada de obras que non precisa de empresas alleas. Falamos con el para saber como afrontan a crise Coronavirus.

García leva de alcalde desde 1979, 5 lexislaturas como independente e 6 co Psoe, pero nunca vivira nada así

O alcalde ten claro que o primeiro son as persoas, a axuda aos que podían ser máis vulnerables foi unha das primeiras medidas que se tomaron

O problema, a xuízo de José Luís García, pode chegar nuns meses xa que agora mesmo existen axudas. En todo caso agora é o momento de preocuparse de combater os problemas derivados da pandemia, desde as necesidades básicas á violencia de xénero

A Bisbarra contra o Coronavirus X, Brión

José Luís Garcia

Brión centrouse na produción local cun centro de transformación no antigo centro comercial de Monte Balado. A idea que estaba na fase de formación convertese agora nun referente e nunha esperanza para poder subsistir

En este sentido a iniciativa máis novidosa na que se traballa e un matadoiro móbil polo que xa se interesaron desde outros concellos, un proxecto que redundará tamén na produción local de animais para o consumo

Como Deputado provincial preguntámoslle polo papel da institución. García destaca a unidade que se está dando en xeral entre os distintos organismos e agradece o papel da oposición

É posible que Brión sexa un dos espellos nos que os concellos teñan que mirarse. A súa independencia para desenvolver obra pública, a aposta pola produción local, con iniciativas innovadoras na nosa contorna, e a tamén destacable implicación na cultura, con eventos como os Encontros coa arte ou o premio Laudamuco de teatro, o converten nunha referencia a ter moi en conta nos tempos que veñen.

A Bisbarra contra o Coronavirus X, Brión

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies