Preocupación polo incremento de positivos por Covid na zona de Lalín (7/09/2020)

0

Bisbarra, 7 de setembro do 2020 – A Área Sanitaria Santiago Barbanza suma 11 positivos máis e preocupa a zona de Lalín na que aparecen novos gromos.

Son cinco positivos nunha empresa da vila e 3 positivos máis, dous concelleiros do equipos de goberno e un traballador, no concello de Lalín. Estes 3 positivos no consistorio súmanse aos 3 detectados hay unhas semanas. No pasado mes de marzo o alcalde, Xosé Crespo, tamén pasou a enfermidade da que se puido recuperar.

Hoxe reunirase a comisión municipal de seguinte para decidir si se toman novas medidas contra a pandemia. Na área de Lalín o total de afectados por Covid supera xa os 60 casos.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Actualizacións

Algúns concellos comezan a estabilizar o número de positivos e por exemplo Santa Comba baixa desde a última actualización a 36 e mantense así nos últimos días. Outros municipios como Ordes segue incrementando paulatinamente o número de positivos e na actualidade ten 28 persoas illadas nos seus domicilios.

Silleda informaba de 3 novos positivos hai 3 días pero ao mesmo tempo tamén contabilizaba dúas altas. A día de hoxe son 15 os afectados no municipio.

Muros volve a informar de novos positivos. A pasada semana pechaba un negocio de hostalería en Esteiro e unha perruquería propiedade dunha filla dos donos. Foron dous positivos pero fixéronse probas aos traballadores e contactos estreitos e faltan por coñecer algúns dos resultados.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial