займ срочно

Os positivos por Covid seguen crecendo na área sanitaria Santiago Barbanza

0

Bisbarra, 29 de setembro do 2020 – O casos de positivos por Covid seguen crecendo na Área Sanitaria de Santiago Barbanza e tras a fin de semana chegan aos 583.

Preocupa a evolución do concello de Ames que polo que parece está aínda descubrindo ata onde chega a situación. Na última comunicación do concello, onte luns, a cifra era de 62 positivos por Covid o que representa 14 máis que antes da fin de semana.

Dende o Concello de Ames insístese na necesidade de colaboración por parte de toda a cidadanía para o cumprimento exhaustivo das normas. Evitar o contacto masivo, o uso da mascara en todos os ámbitos e, en especial, nas xuntanzas familiares.

Falso positivo na Baña

A boa nova e que os alumnos de sexto de primaria do colexio público da Baña volverán a clase. Según informan desde o centro escolar o contaxio dun neno que obrigou a confinar as dúas aulas do último curso de primaria foi un falso positivo.

Por outra banda en A Baña seguen activos 10 casos e Negreira confirma 14 positivos por Covid.

Silleda evoluciona ben

O concello de Silleda informa dun importante descenso no número de casos que baixan ata os 15. Ao longo da fin de semana foron rexistrándose distintas altas médicas, situándose os casos en 20 o sábado, 19 o domingo para chegar onte luns a esa cifra de 15.

O alcalde, Manuel Cuíña, agradecía o comportamento da poboación e emprazaba a todos a seguir na mesma liña  “Non podemos baixar a garda, por iso facemos un novo chamamento para seguir cumprindo ca normativa establecida e facer un último esforzó a fin de superar a situación e poder volver entre todos  canto antes á chamada nova normalidade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies