Desinfección masiva de residencias de anciáns

0

Bisbarra, 27 de marzo do 2020 – A Delegación de Goberno informa do comezo de desinfección masiva de residencias de anciáns en toda a comunidade a cargo das Forzas Armadas.

Onte os traballos leváronse a cabo, entre outros lugares, en residencias de Santiago e Ribeira. Ao mesmo tempo continuaron as labores de traslado de maiores  infectados á residencia Porta do Camiño.

Desinfección masiva de residencias de anciánsO delegado do Goberno, Javier Losada, subliña que as Forzas Armadas xa actuaron en máis dun centenar de puntos en Galicia desde o inicio do estado de alarma. Tamén agradeceu o traballo e o compromiso dos profesionais que desenvolven principalmente tarefas de desinfección e vixilancia, que continuarán ata o final da actual situación.

A Comunidade conta a diario con integrantes da  Brilat, a Unidade Militar de Emerxencias ( UME) e a Forza de Protección ( Fupro) da Armada. Os seus membros traballan en coordinación coa Policía Nacional, a Garda Civil e as policías locais.

Nas principais cidades desenvolveron decenas de actuacións, como a desinfección das estacións de tren e autobús, das áreas de traballo de Policía Nacional e Garda Civil ou as zonas hospitalarias e de centros de atención sanitaria ou os aeroportos.

As residencias que serán  desinfectadas en esta nova fase foron coordinadas entre a Delegación do Goberno, as catro subdelegacións e a Xunta de Galicia, a través dun protocolo que establece as diferentes prioridades de traballo da  UME.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial