Continúan as queixas pola carencias nos servizos de pediatría da bisbarra

0

Bisbarra, 7 de xaneiro do 2019 – Alcaldes e voceiros socialistas da bisbarra de Compostela reuníronse para denunciar as carencias nos servizos de pediatría nos distintos centros médicos da bisbarra.

Cualificaron estas carencias en pediatría de “inaceptables e inasumibles” e decidiron poñer en marcha distintas medidas de presión de cara a que a Consellería de Sanidade poña solución a estes problemas.

Antonio Leira, portavoz socialista para a comarca explica que “Temos un grave problema coa sanidade pública, a Xunta non cubre as ausencias dos pediatras durante as baixas ou as vacacións, o que obriga aos pais e nais a desprazarse para que os seus fillos reciban atención”.

A situación é moi preocupante en concellos como O Pino ou Touro. De feito, os pais deben desprazarse a Arzúa ou Santiago cando un fillo enferma. Os socialistas presentarán iniciativas nos plenos municipais, e no Parlamento de Galicia e tomarán outras medidas nas próximas datas.

 O deputado no Parlamento de Galicia e portavoz dos socialistas de O Pino, Óscar Vilar, presentou unha pregunta na Cámara en relación a este tema. Na súa resposta, a Xunta deixa claro que non cubrirá as baixas ou as vacacións dos profesionais. Unha resposta que Vilar considera inaceptable e lamenta, unha vez máis, que o rural galego non conte con uns servizos básicos “a denominada lexislatura do rural de Feijóo está a quedar nun mero slogan, estes novos feitos así o poñen de manifesto” apunta.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial