займ срочно

A Batalla de Altamira terá a súa conmemoración

0

Bisbarra, 31 de outubro do 2019 – A Deputación da Coruña e os concellos de Ames e Brión preparan a conmemoración da Batalla de Altamira dentro dun proxecto integral para a rehabilitación do conxunto patrimonial.

O día 13 de xuño de 1471 foi o día en que aconteceu a Batalla de Altamira que tivo lugar ao pé das Torres. López de Moscoso viña de reconstruír as Torres e facer delas un baluarte, o Arcebisbo Xelmirez II viu como unha ameaza, e unha provocación, a ocupación das Torres no medio do seu territorio. O final o clero non puido co Señor pero a batalla librouse na Maia con especial crueza.

Cara ao Xacobeo

A intención de Deputación e concellos e preparar o terreo para o 2021 cando se cumpran 550 anos da batalla coincidindo ademais con ano Xacobeo. Con este fin reuniuse o deputado de Contratación da Deputación da Coruña, Xosé Luís Penas, reuniuse con persoal técnico e político dos concellos de Brión e Ames “A nosa proposta é encaixar a conmemoración e os actos que se desenvolvan arredor dese acontecemento histórico no proxecto integral para a mellora, acondicionamento, novos usos e posta en valor das Torres de Altamira que forman parte do patrimonio da Deputación da Coruña”.

Batalla de AltamiraA Deputación da Coruña, a través da área de Contratación e Patrimonio está realizando un estudo por parte de persoal técnico para analizar as posibilidades de actuación para a mellora do ben patrimonial, do contorno, da súa posta en valor e tamén do acondicionamento para posíbeis novos usos, entre as que se inseriría a conmemoración do aniversario da batalla.

Patrimonio de longa historia

As Torres de Altamira están consideradas Ben de Interese Cultural e situadas nun espazo privilexiado que as converte en magnífico miradoiro sobre o Val da Maía. Construído no século IX sobre o que foi un castro celta, as Torres de Altamira foron derrubadas no século XIV e construídas de novo en 1471. A edificación chegou a contar con seis torres e unha muralla rodeando un suntuoso pazo, ao que se incorporou no fin do século XVI por encargo do V Conde de Altamira á capela dos Reis Magos, onde eran soterrados en panteóns os nobres propietarios. A partir do século XVII, os condes deixaron de habitar o castelo.

Posibelmente un incendio no século XVIII contribuiría ao deterioro do ben que a finais do século XIX foi utilizado como “canteira” para a construción. Na actualidade consérvase só unha moi derrubada estrutura consistente nunha gran torre con bóveda de canón; a parede dun corredor no que se conserva unha portada gótica cunha fiestra oxival, o pozo do castelo, así como a base da fortificación dunha cantería propia do século XV. A casa de Altamira vendeu as torres en 1872 e boa parte das pedras e distintos elementos arquitectónicos que a compuñan foron dar a distintas casas e construcións veciñas, como a propia capela de Santa Minia, destruíndose tamén a propia torre da homenaxe.

A Deputación da Coruña mercou a propiedade en 1973 iniciando obras de limpeza e consolidación dos restos da fortaleza da que hoxe só fican en pé restos da muralla e da base dunha das torres ademais dalgunhas ventás con arcos da reconstrución de 1471.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies