A Deputación distribuíu máis de cen mil mascarillas na bisbarra

0

Bisbarra, 12 de maio do 2020 – Ao longo desta semana, os concellos da bisbarra de Santiago están recibindo a segunda entrega de máscaras da Deputación da Coruña.

Xunto coas enviadas en abril, a Deputación leva distribuído na bisbarra de Compostela 100.972 máscaras de protección. O reparto realízase en función da poboación dos municipios.

O material vai destinado aos concellos da provincia da Coruña, que deciden o fin dos equipamentos en función das súas necesidades, distribuíndoas entre a cidadanía, os negocios que comezan a funcionar, os usuarios dos transportes públicos ou os profesionais de servizos esenciais municipais.

As  mascarillas adquiridas pola Deputación son de tipo cirúrxico de triple capa e contan con certificado CE para produtos sanitarios segundo a directiva europea 93/42/EEC.

Contrato para adquirir 500.000 máscaras máis

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, aclarou que a Deputación da Coruña “seguirá adquirindo e enviando material de protección aos concellos durante o tempo que dure a crise sanitaria da Covid-19”.

Neste sentido, cabe destacar que a institución provincial ten aberto o proceso de licitación pública dun contrato para o suministro de ata 500.000 máscaras máis, que se distribuirán periódicamente entre os municipios coruñeses nos vindeiros seis meses.

Sumando esta cantidade ás xa repartidas en abril e maio, o Goberno provincial prevé pór máis de 900.000 máscaras a disposición da cidadanía da provincia a través dos concellos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial