Bisbarra, 26 de outubro do 2019 – A Deputación da Coruña aproba as bases do Plan Único 2020, cunha achega inicial de 47,2 millóns de euros para os 93 concellos da provincia.
O Plan Único aprobouse cos votos favorables de PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica e Alternativa dos Veciños e abstención do PP. Trátase da achega inicial do Plan Único 2020, que como todos os anos irá incrementándose progresivamente ao longo do exercicio coa incorporación de remanentes.
Esta aprobación permitirá aos concellos facer unha previsión mínima de ingresos que poderán destinar a execución de obras, ao financiamento de parte do gasto corrente dos seus servizos básicos, ou a sanear as economías municipais amortizando débeda con provedores ou entidades bancarias.
Como novidade, as bases de este ano permiten, por primeira vez, que os concellos en situación de risco financieiro (cunha débeda viva superior ao 200% dos seus ingresos correntes), podan destinar aos gastos correntes a totalidade dos fondos que reciban, a excepción dos fondos de préstamo, que só poden ser destinados a investimento ou amortización de débeda.
Os 93 concellos da provincia teñen de prazo ata o 19 de decembro para solicitar á Deputación os proxectos que queren financiar con cargo ao POS+2020.
Asignacións
Na Comarca de Santiago as cifras asignadas a este Plan Único son as seguintes:
Ames 1.021.278,10
Arzúa 701.266,42
Baña (A) 463.554,24
Boimorto 384.255,05
Boqueixón 422.963,45
Brión 469.315,07
Dodro 221.693,38
Frades 381.086,05
Melide 656.812,72
Mesía 436.394,84
Negreira 594.624,20
Ordes 781.805,77
Oroso 477.624,56
Padrón 404.247,25
Pino (O) 554.011,46
Rois 454.107,66
Santa Comba 843.404,32
Santiago de Compostela 1.084.932,61
Santiso 372.454,36
Teo 753.483,43
Toques 330.829,78
Tordoia 477.691,82
Touro 531.060,32
Trazo 429.892,24
Val do Dubra 469.189,90
Vedra 387.734,74