Sinalización intelixente para a ruta Rosaliana

0

Bisbarra, 10 de outubro do 2019 – A Deputación da Coruña e os concellos de Ames, Brión, Padrón, Santiago e Dodro impulsan un proxecto de sinalización intelixente da Ruta Rosaliana

O principal obxectivo de este investimento é mellorar a imaxe, modernizar o sistema de información e facer máis accesíbel a Ruta Rosaliana,  un recurso de especial interese turístico creado arredor do territorio biográfico e literario de Rosalía de Castro.

O vicepresidente da Deputación e deputado de Turismo, Xosé Regueira, reuniuse con representantes dos concellos implicados para avanzar na definición e no sistema de financiamento do proxecto de sinalización intelixente da Ruta Rosaliana.

Ruta RosalianaNa xuntanza, decidiuse que as institucións participantes asinarán un convenio de colaboración intermunicipal para botar a andar un proxecto que mellorará a imaxe de calidade da ruta, empregará códigos QR para ofrecer información online de recursos e mapas, incorporará beacons para ofrecer produtos e servizos personalizados a través do teléfono móbil e ofrecerá acceso á reserva de aloxamentos, restaurantes e actividades antes da viaxe ou no destino.

A iniciativa dotará dunha tecnoloxía avanzada a turistas dixitais que queiran recibir a información nos seus dispositivos e poidan acceder a servizos para a preparación da súa viaxe. Contempla así un plan integral de sinalización turística peonil coa actualización dos soportes e a incorporación de novas tecnoloxías para a sinalización intelixente.

“A Ruta Rosaliana é un recurso de especial interese cultural e turístico que ten unha grande potencialidade e queremos que se adapte aos novos sistemas de información e comunicación de maneira que se amplíe a súa difusión e a súa accesibilidade”, sinala o vicepresidente e deputado de Turismo, Xosé Regueira.

O proxecto contempla a análise e diagnóstico da situación actual da ruta e a elaboración do plan director da sinalización e o desenvolvemento do novo sistema de destino turístico intelixente conectado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial