Máis de dous millóns de euros para a Vía Verde que unirá Santiago e Cerceda

0

Bisbarra, 29 de xullo do 2019 – A Deputación da Coruña ven de recibir 1,86 millóns de euros de fondos FEDER que, xunto a unha achega de outro medio millón de fondos propios, servirán para facer realidade a primeira Vía Verde da provincia entre Santiago e Cerceda.

A Vía Verde discorrerá polos 36,5 kilómetros da antiga vía férrea, conectado os concellos de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda cun sendeiro apto para peóns e bicicletas. En España existen 126 de estes percorridos que discorren por un total de 2.800 kilómetros. Na actualidade só existe unha de estas vías en Galicia, a que une San Tirso de Abres en Asturias con Villaodrid na Pontenova cun total de 12 kilómetros, polo que a da bisbarra de Compostela será a primeira coa súa totalidade en terreo galego.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, anunciou a dispoñibilidade dos fondod durante a reunión que mantivo cos alcaldes de Ordes, José Luís Martínez Sanjuro; Oroso, Manuel Mirás; Tordoia, Antonio Pereiro e Cerceda, José García Liñares; á que tamén asistiron a concelleira compostelá e deputada provincial Milagros Castro e o deputado responsable da área de Transición Ecolóxica, Emprego e Mobilidade Sostible, José Ramón Rioboo,  e o deputado de Economía e Facenda, Antonio Leira, ademais de técnicos dos diferentes departamentos da institución provincial que se encargarán do desenvolvemento do proxecto.

Reunión fondos Vía Verde Santiago CercedaSegundo explicou González Formoso, aos 1.860.501 euros recibidos de fondos europeos para proxectos que fomenten a mobilidade sostible e a economía baixa en carbono sumarase unha achega de 535.129,26 euros da Deputación da Coruña “para facer realidade un proxecto ambicioso e tecnicamente complexo: a construción da primeira Vía Verde da provincia e a de maior lonxitude de Galicia. Unha idea que comezou a xestarse hai máis dunha década e que agora, unindo as forzas da Deputación da Coruña e dos cinco concellos implicados queremos facer realidade neste mandato”.

Formoso lembrou que a institución provincial e os concellos “están a facer os seus deberes” e xa teñen redactado un proxecto conxunto que agora deben adaptar aos diferentes tramos do itinerario, ademais de solicitar as autorizacións pertinentes para poder comezar a executar as obras, xa que é probable que outros organismos coma Augas de Galicia ou Patrimonio deban autorizar determinadas actuacións.

Vertebración de núcleos rurais e repercusión socieconómica

Valentín González Formoso destacou a “importante repercusión turística e socioeconómica que terá para os cinco concellos a construción da Vía Verde”, que servirá ademais como “elemento de vertebración do territorio, facilitando a conexión entre os núcleos rurais polos que discorre e recuperando a rede ferroviaria abandonada para darlle unha nova dimensión, máis ecolóxica e sostible”

O presidente apuntou ademais que este proxecto coincide na súa filosofía con outras apostas da institución pola promoción da mobilidade sostible como a Rede Ciclista Metropolitana da Coruña ou as Sendas dos Faros, que tamén contarán con axudas europeas para a súa creación.

A Vía Verde Santiago-Cerceda suporá ademais unha alternativa segura para os ciclistas e sendeiristas, que evitarán circular polas marxes da estrada; así como para os peregrinos que transitan pola ruta xacobea Santiago-Coruña-Fisterra, que poderán percorrer parte da mesma atravesando espazos de gran interese medioambiental, histórico e cultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial