A Deputación proxecta unha nova senda peonil en Toques

0

Bisbarra, febreiro do 2020 – O presidente da Deputación, Valentín González, reuniuse co alcalde de Toques, Miguel Ángel Buján para tratar entre outros temas a posibilidade de construír unha nova senda peonil no concello.

Na actualidade o organismo provincial está levando a cabo, en Toques, unha actuación para mellorar a seguridade na zona de O Souto coa construción de novas beirarrúas. A senda peonil sería un complemento que enlazará ese lugar co de Moebe.

A Deputación proxecta unha nova senda peonil en ToquesO rexedor considerou que esta nova senda melloraría a seguridade para a veciñanza do entorno, xa que conectaría o centro da localidade, onde se concentran servizos públicos coma o Centro de Saúde ou a Casa do Concello, con Moebe por medio de esa senda de 700 metros.

González Formoso trasladou a petición do alcalde ao servizo provincial de Vías e Obras para a súa valoración técnica e económica e a redacción do proxecto técnico.

Miguel Ángel Buján solicitou tamén que a Deputación repare ou leve a cabo determinadas melloras nalgúns puntos das obras da travesía de O Souto que presentan problemas, polo que técnicos do servizo de Vías e Obras visitarán a zona para coñecer in situ estes problemas e darlles solución no menor prazo posible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial