A Deputación retoma as obras en Ordes e Tordoia

0

Bisbarra, 13 de maio do 2020 – A Deputación da Coruña retomou as obras de rehabilitación estrutural do firme da estrada DP 2405, entre os puntos quilométricos 6+000 e 6+600, no termo municipal de Ordes.

As obras supoñen un investimento de 89.500 euros. Os traballos consisten na demolición e renovación completa dun total de 1.440 metros cadrados do firme, que se atopaba seriamente danado, o fresado e escavación de saneo cun metro de profundidade e o recheo posterior con zahorra e tres capas de MBC.

A Deputación retoma as obras en Ordes e TordoiaContinúan as obras da nova ponte de Pedrouzo

por outra banda a Deputación avanza nas obras da nova ponte sobre o río Pedrouzo, na estrada que vai de Tablilla a Agrodomestre por Pontepedra, no termo municipal de Tordoia. As obras supoñen un investimento de 470.381 euros, aos que hai que sumar os 50.000 destinados ás expropiacións necesarias para levar a cabo os traballos.

A Deputación retoma as obras en Ordes e TordoiaTras o desbroce da zona e as excavacións, estes días comezaron os traballos de desvío temporal da canle. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, explicou que “as obras pretenden eliminar as sucesivas inundacións que se producen na zona nas épocas de choivas abundantes e que supoñen un perigo importante para a circulación, polo que se determinou a necesidade de demoler a ponte actual e executar unhanova estrutura con maior sección que facilite un correcto desagüe”.

A Deputación retoma as obras en Ordes e TordoiaO presidente engadiu que “As obras suporán tamén unha mellora do trazado da estrada na zona do cruce do río, xa que se eliminarán a curva e contracurva existentes, sustituíndoas por unha soa aliñación en curva de maior radio que as actuais”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial