A Deputación da Coruña destina máis de 5 millóns de euros á conservación de estradas

0

Bisbarra, 3 de xullo do 2020 – A Deputación da Coruña ven de adxudica o Plan de Conservación de Vías Provinciais 2020 por  un total de 5,4 millóns de euros.

O Plan de conservación adxudicado pola Deputación divide as estradas en 36 grupos e cinco zonas que recibirán traballos de mantemento, reparación do firme e pavimentación ao longo do ano nos 2.100 quilómetros dos que consta a rede.

Ademais do Plan de Conservación, o servizo de Vías e Obras da Deputación conta con outro programa destinado exclusivamente á roza e limpeza das marxes das estradas provinciais. Dende 2017 estes traballos son obxecto dun contrato independente do Plan de Conservación co obxectivo de mellorar e axilizar este servizo. O obxectivo en este caso é  mellorar a visibilidade da circulación, evitar a propagación de incendios e facilitar a drenaxe de augas pluviais.

O orzamento dos programas de Conservación e de rozas das estradas provinciais suman un investimento duns 4.000 euros anuais por quilómetro para manter nas mellores condicións as estradas a provincia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial