A bisbarra aplícase na desinfección

0

Bisbarra, 31 de marzo do 2020 – Toda a bisbarra traballa arreo na desinfección dos centros públicos, rúas, aldeas e mobiliario urbano de todo tipo.

A desinfección constante é realizada polas agrupacións de persoal municipal, protección civil, voluntarios e incluso cos medios postos a disposición dos concellos por algúns veciños. Xunto coa consigna #quedatenacasa a limpeza é a maior loita contra a pandemia.

Frades centra os seus traballos nas zonas máis concorridas do concello. Os exteriores dos centros abertos ao público como as tendas de alimentación, supermercados, estancos… así como no tanatorio ou o centro de saúde de Ponte Carreira, cuxo interior tamén foi desinfectado.

A bisbarra aplícase na desinfecciónO alcalde de Frades, Roberto Rey, agradece a o traballo que está a desenvolver o persoal municipal así como a recente doazón de 1.200 litros de líquido axeitado para a desinfección das rúas doado pola empresa ordense Óptima Productos Agrarios SL aos concellos de Frades, Mesía, Ordes, Tordoia e Trazo. Unha achega que permitirá dispoñer de 1,5 millóns de litros de auga para a desinfección dos principais espazos públicos destes cinco municipios.

A bisbarra aplícase na desinfecciónOperarios do Concello de Rois desinfectaron as beirarrúas e o exterior dos edificios situados na capital municipal, como o concello e o centro de saúde, para colaborar na prevención da propagación do coronavirus Covid-19. Dende o venres á tarde e durante a fin de semana os operarios estiveron tamén desinfectando o interior tanto dos centros de saúde de Rois e de Urdilde como da casa consistorial.

106 aldeas

O Concello de Brión, a través do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, realizou traballos de limpeza e desinfección en todas e cada unha das 106 aldeas do municipio. Os traballos forn realizados co tractor municipal e incluíron a limpeza das vías e mobiliario urbano, con especial atención aos contedores de recollida do lixo.

A bisbarra aplícase na desinfecciónNoia comezou a semana pasada con actuacións puntuais en lugares de especial concorrencia veciñal, como o centro de saúde ou a estación de autobuses. Nos días posteriores, o Concello de Noia ampliou este servizo a outros lugares como a praza de abastos e as entradas dos principais supermercados, tendas de alimentación, panaderías, peixerías, carnicerías e entidades bancarias no municipio.

A bisbarra aplícase na desinfecciónSilleda intensificou na última semana as labores de limpeza e desinfección tanto no viario público como en centros que rexistran afluencia estos días. Así, continúanse a facer estas tarefas nos dous centros de saúde, inmediacións de supermercados e farmacias, ou nos caixeiros automáticos das entidades bancarias. Tamén seguen as tarefas de lavado e desinfección xunto a ultramarinos do rural, e o de todos os colectores do servizo de recollida de lixo, así como das papeleiras.

Son tan só algúns exemplos que se repiten en todos e cada un dos concellos da bisbarra de Compostela. Quedar na casa e a limpeza será o que nos permita parar ao Coronavirus.

A bisbarra aplícase na desinfección

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial