Doar en tempos de Coronavirus

0

Bisbarra, 27 de marzo do 2020 – En tempo de Coronavirus non podemos esquecer a doación de sangue que segue a ser necesaria cada día.

Operacións, transplantes, plaquetas para os tratamentos oncolóxicos, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, ADOS, non se detén polo Coronavirus e pese ao parón que supuxo a pandemia o seu traballo segue a ser fundamental.

Falamos con Ángeles Pazos, responsable de prensa de ADOS, para coñecer como se está vivindo unha situación tan excepcional na axencia xa que, como centro sanitario que son, teñen que seguir traballando

Doar en tempos de Coronavirus

Ángeles Pazos, responsable de prensa de ADOS

O Coronavirus non se transmite pola sangue e polo tanto non se fai ningunha analítica adicional. O que si se extremaron foron as precaucións para garantir a boa saúde dos doantes e dos sanitarios

Se queres doar pide cita previa no 900 100 828

Como é lóxico o número de doazóns ha diminuído pero tamén é certo que as demandas dos hospitais tamén é menor

ADOS procura. como sempre fai, garantir o suministro de sangue que, en condicións normais, está entre 400 e 500 unidades por día

Tamén en tempos de Coronavirus podemos colaborar doando sangue, só hai que pedir cita previa, estar san e ser maior de idade.

Doar en tempos de Coronavirus

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial