займ срочно

Emigrantes fronte ao Coronavirus, a parroquia de Bos Aires

0

Bisbarra, 8 de abril do 2020 – Bos Aires é unha parroquia máis, os galegos emigrados e os nacidos alí teñen contribuído moito con Galicia e agora sofren, coma nos, o Coronavirus.

Falamos con Dora e Evaristo, un leva 65 anos alí e a outra naceu xa en Arxentina pero veñen a miúdo e conservan lazos e familia con toda a bisbarra. Viron de todo, desde guerras como a das Malvinas ata ditaduras e corralitos pero nunca pensaran en loitar contra unha pandemia coma a do Coronavirus.

Dora Pegito

Dora naceu xa en Arxentina pero ten moita familia aquí. Cando falamos con ela acaba de rematar outra conversa con Santiago. Cóntanos que teñen menos contaxios que aquí pero que o medo é o mesmo

Emigrantes fronte ao Coronavirus, a parroquia de Bos Aires

Sede da Sociedad parroquial de Vedra en Bos Aires

Dora ten familia en varios concellos da bisbarra. Pasou por moitos cousas pero nunca pensara enfrontarse a unha crise que coloca a todo o mundo na mesma situación e sen unha saída clara

Pensa ademais algo que non lle escoitamos a ninguén, as posibles secuelas dos que sofren o Coronavirus. Pero o que está claro son as secuelas económicas sobre todo a nivel cultural, algo que xa están sufrindo porque marzo e para eles un comezo de actividades que aínda tardará en producirse

Evaristo Oñora

Evaristo leva 65 anos en Arxentina pero mantén unha relación constante con Oroso. Explícanos que a situación dos galegos en Bos Aires e por regla xeral boa e que nos barrios máis próximos ao centro é onde se están a producir os contaxios

Emigrantes fronte ao Coronavirus, a parroquia de Bos Aires

Imaxe aérea de Bos Aires

En situacións como a actual sempre se vota de menos a terra, mesmo cando se leva vivindo toda a vida en Arxentina e un forma parte do país

Evaristo explica moi ben o medo que senten, en outras ocasións o inimigo estaba diante dun, podía velo, pero agora non se sabe onde está

Son parte da diáspora, a Galicia emigrada. Teñen un amor pola terra que moitas veces é máis profundo do que se pode ver aquí. Si sempre se senten unidos a bisbarra en situacións como a actual moito máis e merecen que tamén nos acordemos deles.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies