Emigrantes fronte ao Coronavirus

0

Falamos con 4 emigrantes da bisbarra para coñecer como viven nos seus países de residencia a crise do Coronavirus e como sucederon as cousas nos últimos días

Goyo Jiménez, nun dos seus monólogos, facía brincadeiras con esa costume tan nosa de criticar todo o que se fai no país ata que saes ao estranxeiro e comezas a dicir que como en España nada. Escoitando a estes veciños na diáspora un decátase de que co Coronavirus pasa algo parecido.

Emigrantes fronte ao CoronavirusSuevia Rojo é de Ames leva catro anos estudando danza moderna en Porto. A situación no país veciño non é tan mala pero, no canto de adiantarse vendo o que sucede en outros países, polo momento van con calma.

Pablo Martínez é de Compostela e traballa en Niza, en Francia pero a media hora da fronteira italiana. Macrón decretou aínda onte a corentena e iso que desde o martes de Entroido xa tiñan razóns para tomar a crise en serio.

O terceiro emigrante leva 46 anos no Reino Unido. Oswaldo Pardo é de Padrón e viviu moitas crisis xa na Gran Bretaña pero recoñece que nada como isto. Si en Francia acaban de reaccionar alí aínda o están pensando.

Deixamos para o final ao amigo Luís Bello. Xornalista de Noia que leva anos vivindo nos Estados Unidos. Gañador dun premio Emmy fálanos non só de esta crise, tamén do distinto que é aquel país e os moitos aplausos que temos que dar desde os balcóns ao sistema do que gozamos.

Sempre hai un marxe de mellora en todo o que se fai. Escoitando aos nosos emigrantes da a sensación de que, en canto a medidas sanitarias, imos ao mesmo tempo que Europa e en moitos casos por diante.

Outros países comezaron por tomar medidas económicas, o mellor iso é o que define as prioridades de cada un.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial