Xornalistas en terra estraña

0

Na bisbarra contamos con xornalistas que viron de todo nos anos de experiencia que atesouran. Desde o accidente de Angrois ata o Prestige, Anos Santos e visitas de Papas, eleccións a moreas e nunca se viron nunha situación como a actual. Son xornalistas en terra estraña.

Emma Araujo (La Voz de Galicia)

Leva moitos anos dedicada á bisbarra. Coñece de cerca a maioría dos concellos que rodean a capital pero nunca pensara en ter que traballar desde casa. Si recoñece que algo que xa se usa desde hai tempo, as redes sociais, converteuse nunha ferramenta fundamental

O feito de coñecer desde hai tempo aos responsables cos que falas convertese tamén nunha axuda a hora de transmitir a información que se recibe

Emma pensa que é difícil saber o que virá despois. Pode que a xente do rural o teña máis doado por ter pasado un confinamento máis levadeiro. O que si lle gustaría e que se volverá máis a vista ao local, esa pode ser a resposta aos problemas de desabastecemento que poden darse

Xornalistas en terra estraña

A redacción de El Coreo Gallego baleira, imaxe de Victor Furelos

Marta Rodríguez (Onda Cero Galicia)

A xornalista Marta Rodriguez leva tamén moitos anos informando desde os micrófonos de Onda Cero. Cando se preparaba para vivir unhas eleccións autonómica todo cambiou e tivo que adaptarse a novos xeitos de traballar e a novas informacións

O xornalismo é un pilar fundamental da sociedade. Para Marta o será aínda máis cando todo pase, algo cambiará e os xornalistas o contarán

Víctor Furelos (El Correo Gallego)

Víctor Furelos é outro xornalista pegado ao local. Desde hai anos coordina en El Correo Gallego a sección de comarca e xa ten visto de todo pero nada como isto. Considera ao xornalismo algo vocacional e, polo tanto, nunha situación así, duplican o esforzo

Xornalistas en terra estrañaNa bisbarra a vida non cambiou tanto e Víctor considera que o campo pode saír mellor parado de todo isto. Considera ademais que terán que revisarse moitas cousas e os prezos que se pagan pola produción terán que ser máis xustos a partir de agora

Xaime López (Cadena SER)

Xaime López ten un premio Ondas pola cobertura do accidente do Alvia. Antes xa vivira o Prestige e outros moitos sucesos pero nunca se vira nunha situación tan estraña

Nunca pensara que en pleno século vinte puidera existir unha pandemia a nivel global e que a tivera que vivir ademais en primeira persoa

Ao final toda a información que se fai xira en torno ao Coronavirus, é algo inevitable e hai que buscar as distintas vías para contar todo o que pasa

Os xornalistas sempre están no punto de mira. Cando non é a sociedade son os políticos. Pero os xornalistas non son as empresas de comunicación. É unha profesión que perdeu milleiros de postos de traballo nas últimas crises, que está formado na maior parte por xente que fai moi ben o seu traballo e sen os que hoxe non saberíamos que está pasando.

O xornalismo tamén terá que cambiar pero só nos medios que use. O fundamental, informar, seguirá sendo a prioridade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial