займ срочно

Aprazada para o 2021 a festa da Batalla de Altamira

0

Bisbarra, 15 de xuño do 2020 – A Deputación da Coruña, xunto cos concellos de Ames e Brión, decidiu aprazar para o vindeiro ano 2021 a festa da batalla de Altamira prevista para este verán.

O deputado de Patrimonio, Xosé Luís Penas, anuncia que comezarán os traballos no monumento e a preparación da conmemoración dos 550 anos do acontecemento histórico da Batalla de Altamira. A festa ía ser o preliminar de esta data que se cumpre no 2021.

A festa prevista tiña como un dos actos festivos un percorrido desde a Ponte Maceira ata as propias Torres de Altamira, unha recreación festiva dos feitos alí acontecidos.

Recuperación das Torres

As obras da actuación prevista no monumento, propiedade da Deputación da Coruña, iniciaranse proximamente e até o ano que vén está previsto a publicación dun libro conmemorativo e outras actividades que inclúen música, seminarios ou aplicacións tecnolóxicas. “Imos poñer a disposición de toda a comarca e a provincia numerosas actividades para recuperar a historia e darlle forza á conmemoración que agardamos sexa popular e implique á veciñanza na súa celebración”, explica o deputado de Patrimonio e Contratación, Xosé Luís Penas.

“Queremos que a da Batalla de Altamira sexa máis que unha festa e se converta tamén en reivindicación histórica, patrimonial e social  dun pasado e dun patrimonio ao que finalmente co impulso da Deputación da Coruña e a colaboración imprescindible dos concellos de Brión e Ames se lle vai dar a dimensión que merece tras ser testemuña da historia e de moitos dos acontecementos que tiveron lugar no noso País”, explica Xosé Luís Penas.

Neste sentido, a festa da Batalla de Altamira tiña previsto ser este día 13 de xuño o punto de inicio dunha serie de actividades, intervencións e traballos cos que a Deputación buscaba, segundo o deputado de Patrimonio, “poñer en valor un patrimonio esquecido e que agora ten que ser protagonista principal na reactivación non tan só patrimonial senón cultural e económica de todo o Val da Maía”. As actuacións seguirán o previsto a non ser a propia festa que, por decisión da Deputación e os concellos pola situación provocada pola COVID19,   fica adiada para o ano próximo.

“Isto non é mais que un punto e seguido, seguimos a traballar para que o vindeiro 13 de xuño do 2021 e coincidindo co 550 aniversario da Batalla, poidamos ter a festa e a recreación que todos e todas agardamos, e se cadra, con moitos máis folgos e forza”, explica o deputado, que asegura que os meses de traballo das institucións implicadas darán os seus froitos tanto nos próximos meses como o ano próximo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies