Fibra óptica para o rural

0

Bisbarra, 8 de xaneiro do 2019 – 130 lugares dos concellos de Brión e Teo terán cobertura de fibra óptica ao longo do ano que comeza grazas aos plans da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ANTEGA.

Brión dispón xa de 50 núcleos de poboación con acceso á fibra óptica polo que este novo despegue ven a completar a cobertura acadada ao longo do 2019. O alcalde, José Luís García, mostrábase ledo e explicaba que  “a día de hoxe, 56 das 106 aldeas de Brión contan con cobertura ou previsión de cobertura de fibra óptica. E os outros 50 núcleos están incluídos como entidades elixibles nas convocatorias de axudas anuais que publica o Estado no marco do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración”.

Para este ano serán 30, das cincuenta aldeas que aínda non teñen este recurso, as que se inclúen nunha subvención que o operador Telefónica acaba de recibir da convocatoria 2019 do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración do Estado. Antes de 2021 estará despregada esta rede en: Baliño, Beca, Chave da Ponte, Reboredo Grande, Vidaloíso, Vilas e Xinzo (Bastavales), Soutullo (San Salvador), Tembra (Boullón), Alfonsín, Cornanda e A Graña (Cornanda), Amañecida, Ardións, Cristimil, Espiñeiros, Goiáns, Mato, Nináns, Tourís e Vexo (Luaña), Fonte Paredes, A Igrexa, Ons, Pazos e Salaño Grande (Ons), Esparís, Forxán, Ombre e Pousada (Viceso).

100 aldeas en Teo

O Concello de Teo recibiu tamén a comunicación de AMTEGA dos novos investimentos que vai realizar a Administración Xeral do Estado co programa de Extensión de banda larga de nova xeración. Na actualidade os lugares de Cornide (en Calo), A Agrela (en Lampai), Espasande e A Insua (en Luou), Rarís (en Rarís), Olveira e Pontevea (en Reis), e Campos (en Teo), atópanse xa con servizo de fibra óptica grazas ao Plan de Banda larga 2020 da Xunta de Galicia desenvolvido por Telefónica. O mesmo plan permitiu que se estean a rematar os traballos nos lugares de Cesar e Folgueiras (Calo), Regoufe (Luou), Agoso (Oza), Pite (Lucí), A Ribeira (en Reis) e Vilariño (en Vilariño).

Rematando o proceso debería atoparse o programa de Extensión de banda larga de nova xeración dependente da Administración do Estado dependente da compañía R cable, que ten un período de despregamento que vai de 2016 a 2019 e que afecta aos núcleos de Ameneiro, Balcaide, Casalonga, Fixó e Osebe na parroquia de Calo.

Para 2020 e 2021 Pola mesma compañía pero con data de remate no 2020 están afectados os lugares do Casal, Mouromorto e Rúa de Francos en Calo, O Aido, Caxade, A Igrexa, Nespereira, Paraxó e Bustelo en Luou, e Bouñou, O Pazo e Sestelo en Rarís. Dentro do mesmo programa estatal e no mesmo período temporal, pero a través de Telefónica, están programados os núcleos da Póboa, Sebe e Montouto en Cacheiras, Texexe e Vilares da Rúa de Francos en Calo, e Fornelos en Rarís.

Outros lugares do concello terán acceso á banda ancha antes de finais de 2021 a través do citado programa de Extensión de Banda Larga que desenvolverá Telefónica mediante unha subvención que acaba de conceder a Administración do Estado. Desde o concello marcan como límite, no peor dos casos, dous anos de espera para a chegada da banda ancha á Devesa, Noenlles, Penelas, Procelas, Tras do Eixo e Catro Camiños (en Cacheiras), Adrán, o Faramello, A Igrexa, Mazas, A Pedreira, Riotinto, San Domingo, Socastro, Vilaverde e A Xesta (en Calo), Mosteiro, A Silva e Vilar do Bispo (en Lampai), Chaves, Lucí e Paredes (en Lucí), Cantoña, Loureiro, Quintáns e Trasellas (en Luou), Cachóns, Castres, Cepeda, Eio dos Ferreiros, Eio dos Menecos, Outeiro, Ribas e Vilanova (en Oza), Casal de Reis, A Florida e Vilela (en Rarís), A Pedra e Tarrío (en Recesende), O Ferreiriño, A Freiria, Freixeiro, A Igrexa, Monteselo, Outeiro, Pazos, Piñeiro, Samar, Valiñas, Vieiro e Xermeade (en Reis), Agromaior, Fontenlo, Mallos, Noceda e Vilachaiño (en Teo), O Coto, A Igrexa, Lamas e Reboredo (en Bamonde) e Cerdeira (en Vilariño)

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial