займ срочно

A bisbarra estivo en Fitur

0

Bisbarra, 22 de xaneiro do 2018 – A bisbarra de Compostela, é a propia capital, tivo o seu propio protagonismo na Feria Internacional de Turismo, Fitur, celebrada desde o pasado xoves en Madrid.

Foron varios os concellos que participaron en Fitur con distintos proxectos no que, probablemente, sexa a presenza máis numerosa da bisbarra dos últimos anos.

Rosalía e as súas pegadas

Padrón, Brión e Ames uníronse no proxecto As pegadas de Rosalía. En Fitur estiveron os alcaldes dos tres concellos para presentar unha iniciativa que pretende por en valor a vida da poetisa e desenvolver un itinerario cultural a partir dunha ruta xa existente deseñada polo intelectual dodrense Avelino Abuín de Tembra e que une os tres concellos e Compostela.

O roteiro está concibido para que as usuarias poidan percorrelo en autobús, a pé ou en bicicleta e pasa por lugares como San Xoán de Ortoño (Ames), a igrexa de Bastavales (Brión), a colexiata de Iria Flavia (Padrón), o Pazo de Arretén (Padrón) e a Casa de Rosalía de Castro (Padrón).

Oroso e a vía verde

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro Antonio Lira, repetiron visita xa que no 2017 estiveran promocionando a Festa da Troita. En esta ocasión engadiron conversas para por en valor o Camiño Inglés en xeral e a nova vía verde proxectada desde Cerceda ata Compostela para o que mantiveron unha reunión cos responsables de Vías Verdes – Fundación de los ferrocarriles españoles.

A Rapa das bestas

Representantes da Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo desprazáronse a Madrid para presentar a edición 2018 que se desenvolverá entre o venres 6 e o luns 9 de xullo. Os membros do colectivo deron a coñecer esta tradición secular no stand da Deputación de Pontevedra no recinto do Ifema xunto co delegado provincial de Turismo, Santos Héctor, e a asesora provincial Ana Doval. Tamén deuse a coñecer o cartel promocional desta cita, que recupera unha imaxe do curro co aloitador Santi Obelleiro tras optar por fotografías da subida ao monte nos anos anteriores.

Ademais da presentación, os membros da Rapa mantiveron reunións e contactos con axencias, maioristas de viaxes e touroperadores, algúns deles internacionais, así como con bloggers de diversos países e medios de comunicación especializados –un deles, Miradas Viajeras, tiña unha foto do curro no seu propio material– que amosaron o seu interese pola festa e incluso algúns confirmaron a súa asistencia este ano.

Compostela

A capital estivo representada polo alcalde Martiño Noriega quen dou unha conferencia na que explicou algúns dos retos que a cidade se marca para este ano. O alcalde explicou que ponse a mirada no ano 2022 ” “non é que non nos preocupe o vindeiro Ano Santo 2021, pero si que nos preocupa máis 2022 dende a perspectiva de que vai pasar despois do gran ano que será o 2021, por iso a nosa proposta de Plan Estratéxico non se enfoca ao Ano Santo senón que se fixa no 2022”.

Martiño Noriega informou tamén dos grandes eventos sobre os que está a traballar o goberno local para este 2018 e que suporán un retorno económico cercano aos 5 millóns de euros. Entre eles atópanse a celebración do mundial de xadrez no mes de novembro, grandes concertos que haberá en espazos da cidade como o Multiúsos do Sar ou un evento deportivo de primeiro nivel, como é a Supercopa de España de Baloncesto “que imos intentar traer para Compostela”.
A maiores farase un impulso do Camiño Kumano aproveitando o 150 aniversario das relacións diplomáticas entre España e o Xapón coa posta en marcha dun pasaporte dual. Tamén se continuará co traballo feito no impulso do turismo de congresos, “sobre todo nos meses de menor demanda da cidade” e que suporán a chegada de arredor de 8.000 persoas á cidade”.
Ademais marcou tamén como reto seguir a impulsar o aeroporto de Santiago e “continuar traballando no destino internacional do aeroporto como gran polo de atracción do tráfico aeroportuario de Galicia e a consolidación de grandes aerolíñas.” Un exemplo sería a compañía Lufhtansa, que sigue a apostar polo aeroporto compostelano.
No marco de Fitur tamén se asinou a prórroga do convenio entre o Concello e Renfe para a promoción da cidade. As dúas institucións, xunto coa Asociación Provincial de Empresarios da Restauración e Hospedaxe de Santiago. estenderán durante 2018 accións conxuntas para promocionar o turismo e o uso do tren como medio de transporte. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies