A bisbarra contra o Coronavirus III, os que seguen traballando

0

Hoxe queremos poñer voz a distintos colectivos que seguen traballando e facilitando a vida a todos pese ao Coronavirus. Seguimos de este eito informando do que acontece na bisbarra con esta crise, tedes todo o publicado no seguinte enlace.

Alimentación, estancos ou gasolineiras, entre outros, seguen abrindo cada día e poñendo todo da súa parte para superar esta crise, mesmo arriscando ao contaxio por Coronavirus.

Son exemplos collidos na bisbarra e que serven para coñecer como o viven en calquera lado, non o personalizaremos. Comezamos nunha pequena tenda de alimentación de barrio, alí nos contan que a xente compra cada día o máis básico

si comproban o medo que teñen os clientes, medo que eles tamén teñen pola falta de material para traballar

A bisbarra contra o Coronavirus IIIOs taxistas son un colectivo en permanente discusión pero necesario. En esta situación están practicamente sen traballo como nos conta Manuel

Pero o peor para eles pode chegar cando todo isto pase, si xente queda na ruína o taxi será un sector dos que máis o sufrirán

Unha das imaxes típicas estes días son as colas diante dos estancos, nunca deixaron de traballar pese as leis sobre o tabaco pero agora faise máis visible. Cóntannos que están agobiados máis pola situación que polo traballo que segue a ser o mesmo

A bisbarra contra o Coronavirus IIIAs gasolineiras tiveron un acerto cando hai un tempo decidiron chegar a acordos con supermercados. A venda de produtos de alimentación incrementouse moito mentres que o de gasolina baixou e iso pese aos bulos sobre o posible peche

Pequenos traballos que pola crise mostraron a súa realidade, servizos que tal vez non valoramos salvo cando sucede algo inesperado. Tras a crise teremos que valorar doutro xeito o que estes días están facendo por nos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial