займ срочно

A bisbarra contra o Coronavirus IV, asuntos sociais

0

Bisbarra, 25 marzo 2020 – Seguimos facendo unha radiografía de como afecta a crise do Coronavirus á bisbarra e falamos cos que traballan en asuntos sociais.

Si os sanitarios coñecen mellor que ninguén a realidade dos enfermos, os axentes e responsables de asuntos sociais ven cada día os efectos do Coronavirus na economía, na convivencia e nos problemas das familias máis vulnerables.

A bisbarra contra o Coronavirus IV, asuntos sociaisO Milladoiro é unha zona na que viven persoas de baixos recursos económicos. Cáritas duplicou o número de peticións e pensa xa en ampliar o reparto

A bisbarra contra o Coronavirus IV, asuntos sociaisDesde a organización fan un chamamento para que o que poida que faga donacións pero especialmente poñen a vista na hostalería, moitos dos produtos almacenados poderían perderse e sempre será mellor darlles saída

Tamén no rural

Vedra é un concello de 5.000 habitantes que ve tamén como o departamento de asuntos sociais ten que multiplicar os esforzos. Falamos con Ana Aldrey que nos explican como tiveron que reorganizar os recursos para facer fronte a esta situación. Mentres outros departamentos pasaban a ter servizos mínimos eles están traballando 24 horas

A bisbarra contra o Coronavirus IV, asuntos sociais

Imaxe de skeeze en Pixabay 

Esta semana o sindicato de enfermería SATSE pedía gabinetes de apoio psicolóxico para os profesionais sanitarios. A presión á que están sometidos os que están en primeira liña deixa pegada e Ana nos explica que están o límite

Cando todo pase teremos que pensar si o modelo que temos funcionou ou non. Ana ten claro que os que planifican e distribúen os recursos teñen que ter máis en conta o traballo dos que están en contacto directo coa realidade

Compostela, un traballo permanente

Quixemos coñecer tamén como está pasando a crise na Capital. Compostela ten cerca de 100.000 habitantes polo que a situación é distinta a do rural. Mila Castro é a concelleira responsable de Asuntos Sociais e explica que se está traballando con todos os recursos

A bisbarra contra o Coronavirus IV, asuntos sociais

Imaxe Please, don’t sell my photos at commercial stock portals ! en Pixabay 

Recoñece a presión coa que conviven os traballadores aínda que lembra que non é algo que suceda agora, en estes departamentos é algo que xa sucedía antes da crise

Outro dos temas que estes días pasaron ao primeiro plano foi o das persoas sen fogar. Santiago tiña moito avanzado porque é algo no que traballan todo o ano e coñecen a situación da maioría dos casos

Santiago mantén convenios con distintas pensións da cidade polo que sempre hai un teito. Mila explica que en esta situación estase a facer o mesmo que xa se facía, aloxalos e buscar solucións que normalicen, na medida do posible, a vida de estas persoas.

Mila Castro recoñece que esta sociedade ten que cambiar o modelo cando todo esto pase pero tamén explica que en estas situacións e cando se ve o mellor da cidadanía

O certo é que os departamentos de servizos sociais son do mellor que se pode atopar en todos os concellos. Tal vez cando pase a crise sexa o momento de repensar o seu papel e si os recursos con que contan son suficientes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies