займ срочно

Sesións maxistrais con Afundación na casa

0

Bisbarra, 22 de abril do 2020 – O Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa promove a iniciativa IESIDE en casa, na que profesores de prestixio imparten sesións maxistrais en liña.

Estas sesións maxistrais son semanais e gratuítas. A través de conferencias, presentacións e entrevistas os contidos abordarán diferentes ámbitos de interese xeral e profesional, vinculados ao contexto provocado pola crise da COVID-19.

“O noso obxectivo é xerar ideas e proxectos de utilidade para a comunidade académica, profesionais de diversos sectores ou empresarios, entre outros, para afrontar a nova conxuntura social e económica”, subliña Miguel Ángel Escotet, reitor presidente de IESIDE e presidente de Afundación. “Con este proxecto inauguramos o noso programa de extensión universitaria dixital: unha universidade sen muros que pon á disposición da sociedade aquelas actividades que poidan ser de utilidade para a comunidade académica e profesional, nacional e internacional”.

Sesións maxistrais con Afundación na casa

Imaxe de Nikolay Georgiev en Pixabay 

O doutor Fernando Valladares, premio internacional Mason H. Ale (Canadá), profesor de investigación do CSIC e autor de máis de 350 traballos científicos, protagonizará a sesión en directo de hoxe, mércores 22, a partir das 12.00 h, titulada “Redescubrindo a importancia da natureza nas crises sanitarias, climáticas ou económicas”, no contexto da celebración do Día Mundial da Terra. O vindeiro venres 24, Roberto Álvarez del Blanco, profesor de Estratexia de Marca na Stern School of Business de New York University e en Rockefeller University en Nova York, e unha das principais autoridades internacionais en márketing e estratexia de marca, impartirá a conferencia e debate “Crise estelar, estratexia de marca nun escenario turbulento. Visión desde Silicon Valley”.

As sesións en directo da próxima semana de IESIDE en casa iniciaranse o luns 27, con Pedro Casaño, Global CHRO de Nova Pescanova, quen intervirá en formato entrevista sobre os efectos da crise nas empresas, con especial relevancia no marco da xestión do capital humano; José Bayón López, conselleiro delegado de ENISA, quen abordará o acceso ao financiamento dentro do ecosistema emprendedor o martes 28; e o xoves 30, con Álvaro Gómez Vieitez, profesor de IESIDE e de FIU en Miami, para abordar na última sesión do mes “A importancia dos datos e a intelixencia artificial na loita con epidemias como COVID-19”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies