Levántanse as restricións por Coronavirus en Santa Comba e mantéñense en Santiago (10/09/2020)

0

Bisbarra, 10 de setembro do 2020 – A crise por gromos de Coronavirus está sendo controlada e o Comité que asesora a Xunta decidiu levantar as restricións no concello de Santa Comba.

Seguirán as restricións por Coronavirus en Compostela aínda que a reunión de expertos dou un respiro a hostalería xa que aumenta, nas zonas con limitacións, o aforo das terrazas do 50 ao 75 por cento. Ao mesmo tempo imponse o uso de mascarilla en todos os ximnasios da comunidade autónoma.

A boa nova en Santa Comba ven abalada polos datos xa que o número de contaxiados por Coronavirus baixa a 21. É unha tendencia clara na zona xa que Negreira baixa tamén a 24 tal como informaba o alcalde, Manuel Ángel Leis, nunha entrevista na radio municipal. Son cifras provisionais xa que ao mesmo tempo que se producen altas de enfermos tamén aparecen novos contaxios.

As cifras por concellos que facilitaos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Lalín segue con problemas

Os datos de mellora danse tamén en Ordes que baixa a 18 o número de contaxios por Coronavirus e en Melide que ten a día de hoxe 20 positivos cando hai unhas semanas era un dos principais gromos de Galicia.

Non sucede o mesmo en Lalín que ten 48 persoas en illamento domiciliario. Nas últimas 24 horas sumábanse a estatística 3 novos positivos nunha empresa o que motivou o illamento provisional de parte da plantilla. Tamén a Escola infantil Pontiñas está baixo observación xa que un neno dou positivo.

Silleda informa de altas pero tamén aparecen novos contaxios. Na actualidade ten 15 positivos, dous máis desde a última vez que o concello informou do número de casos activos.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial