Noia axiliza o abono dunha subvención nominativa a Cáritas

0

Noia, 24 de marzo do 2020 –  O Concello de Noia, a través da Concellería de Economía e Facenda, vén de axilizar os trámites administrativos para proceder ao abono dunha subvención nominativa de 17.000 euros á asociación Cáritas de Noia.

Trátase dunha medida adoptada “para que dende a asociación poidan continuar coa gran labor de atención que Cáritas ofrece ás persoas máis vulnerables do municipio, sobre todo en materia de dispensación de alimentos e nestes complicados momentos de alarma sanitaria”, explica Laura Salgado, concelleira de Economía e Facenda.

Ao mesmo tempo, o Concello de Noia puxo a disposición da veciñanza o teléfono 981 828 011 para dar resposta a situacións de necesidade ou emerxencia que se produzan nos fogares noieses durante a corentena. Un dispositivo coordinado polo Departamento de Servizos Sociais Noia, que dirixe a tenente de alcalde Marisol Villar, e no que participan Cruz Vermella Noia, o grupo de voluntarios e os traballadores do Departamento de Protección Civil.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial