O Coronavirus entra nos concellos (8/09/2020)

0

Bisbarra, 8 de setembro do 2020 – O Coronavirus afecta tamén ás casas dos concellos e agora, despois dos casos de Santiago e Lalín, tocoulle á Concelleira de Cultura da Baña.

Mónica González dou positivo por Coronavirus despois de encontrarse cunha persoa allea ao concello. Cando esa persoa dou positivo e comezaron as probas aos contactos recentes apareceu o da concelleira.

Mónica González está illada no seu domicilio e seguindo as indicacións das autoridades sanitarias. O goberno local ofreceu aos traballadores municipais a posibilidade de facer probas diagnósticas con cargo ao Concello. Coa responsable de Cultura son xa 14 os casos activos na Baña.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Últimos datos recollidos

A situación en Lalín segue sendo preocupante xa que son 59 os casos activos por Coronavirus e seguen as probas PCR. O concello emitía un comunicado a raíz dos seis positivos detectados nas últimas semanas na casa consistorial e que inclúen a dous concelleiros. Na nota explícase que só seguirán en confinamento os positivos e os que tiveron contacto estreito con eles mentres que os que deron negativo nas probas, e non tiveron contacto estreito cos concelleiros, volven ao traballo.

Ademais da situación no concello séguese tamén con preocupación a evolución do gromo na residencia Domus Vi na que hai 8 positivos, 4 traballadores e 4 internos.

Sen saír da zona do Deza, Silleda segue con 13 positivos e Vila de Cruces con 3.

Na parte da Barcala, ademais do xa informado na Baña, segue crecendo o número de casos en Negreira que chega a 27 positivos por Coronavirus debidos sobre todo a mobilidade xa que é un importante punto de paso. Santa Comba da boas novas xa que parece que os distintos gromos estabilízanse en 36 casos.

Ordes informa de 20 positivos en illamento domiciliario, Oroso mantén 17 e Tordoia 10.

En Melide o número de casos comeza a diminuír xa que son 21 os positivos con tarxeta sanitaria no concello, a metade dos que tiñan a finais de agosto.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial