O Pino e Ordes seguen sen avanzar en plans de reactivación

0

Bisbarra, 4 de maio do 2020 – O Pino e Ordes son dous dos concellos da bisbarra nos que a oposición reclama un plan de reactivación sin moito éxito polo momento.

O Psoe do Pino ven de reclamar ese plan de reactivación propoñendo unha serie de medidas e o BNG de Ordes lembra a petición feita hai uns días sen que tivera contestación por parte do goberno municipal.

O Pino

Os Socialistas do Pino solicitan a posta en marcha dunha campaña que impulse o comercio e a hostalería local. Dous importantes sectores económicos do concello que, dada a súa vinculación ao Camiño de Santiago, máis están a sufrir as consecuencias da crise económica que provoca a pandemia do Covid-19.

Na petición, dirixida ao Alcalde, inciden na trascendencia deste tipo de campañas co fin, entre outros, de concienciar á veciñanza da importancia que ten o feito de realizar as compras no comercio de proximidade e tamén demandar os distintos servizos que ofrecen os locais relacionados coa hostalería, clínicas de masaxe, etc., “se todos e todas poñemos o noso grao de area contribuímos a axudar a moitas familias que deixaron de xerar ingresos durante a etapa do confinamento, e que tan importantes son para o noso municipio”, apuntan. 

Como unha posible idea resaltan a posta en marcha dunha plataforma dixital onde se permita a todos os negocios locais a promoción online dos seus produtos e servizos.  Así mesmo demandan un plan de choque económico destinado a autónomos, empresas e comerciantes locais, co obxecto de manter as taxas de emprego. Destacando un plan de axudas para os autónomos que manteñan a súa actividade, axudas para as empresas que contraten veciños e veciñas desempregados do Pino, modificacións no pago de impostos e taxas municipais, bonificacións, etc.

Ordes

O BNG de Ordes mostrase preocupado pola falta de información sobre as medidas que o goberno municipal tomará para reactivar o comercio e a hostalería local.

O voceiro nacionalista explica que “Seguimos sen saber a día de hoxe, que pensa facer o alcalde para tentar reactivar o comercio e a hostalería” e achaca ao goberno municipal “falta de iniciativa”.

O BNG lembra que remitiron distintas propostas de actuación para “procurar axudar ao tecido hostaleiro, comercial e cultural do noso concello, mais recibimos a calada por resposta”.

O edil Vidal, declara que “no BNG estamos dispostos a colaborar na procura de solucións, cando o alcalde teña a ben convocarnos”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial