займ срочно

O Salnés e o Barbanza unidos na promoción

0

Bisbarra, 13 de agosto do 2020 – As mancomunidades de Barbanza Arousa Norte e o Salnés déronse cita este verán en medio das rías, diante do Faro de Punta Cabalo na Illa de Arousa.

A cita, á que chegaron alcaldes, concelleiros e invitados en dous barcos desde cada mancomunidade, tiña como motivo a firma dun convenio de colaboración para a promoción dun enclave tan especial.

Como principal fin o desenvolvemento do turismo náutico, un nicho de mercado moi activo e con gran capacidade de crecemento. Nun tempo tan convulso no que o distanciamento social é unha prioridade este tipo de turismo ten sen duda moitas vantaxes. As Barbanza e Salnés contarán coa empresa North Marinas, unha operadora que leva tempo traballando en este campo.

O responsable da compañía, Jesús Gonzalez, indicaba que nunha primeira fase buscarase a difusión no norte de Europa, desde onde chegará en breve unha expedición, e posteriormente mirarase cara o sur da península ibérica.

Tamén participou a Asociación Galega de Actividades Náuticas, AGAN, que asistiu co seu vicepresidente José Manuel Fernández. AGAN apoia a iniciativa que coincide con traballo que desenvolve a asociación en colaboración coa Mancomunidade do Barbanza; o proxecto Ecodestin de creación de destinos náuticos culturais financiado pola Unión Europea.

O convenio firmado é un traballo inédito en Galicia e podería servir de base a futuras colaboración de ambas as dúas mancomunidades en outros ámbitos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies