займ срочно

E de súpeto foi primavera

0

Bisbarra, 23 de marzo do 2020 – Metidos de cheo na crise sanitaría e case sen poder saír de casa un día, de súpeto, saímos ao pan e a primavera estaba aí.

A primavera, unha das máis madrugadoras do século XXI por mor de tratarse 2020 dun ano bisesto, entrou ás 4.49 horas do pasado venres 20 de marzo no hemisferio boreal, mentres que o hemisferio austral comezou o outono.

Os primeiros días da nova estación, nos que se poderá ollar o planeta Mercurio a simple vista, están caracterizados pola duración semellante entre o día e a noite, que irá minguando progresivamente ata situarse arredor das nove horas que durará o 20 de xuño, data na que comeza a estación estival, segundo indica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo.

E de súpeto foi primavera

Imagen de Larisa Koshkina en Pixabay 

A primavera boreal, con 92,75 días, é a segunda estación do ano en duración, logo do verán (93,66 días), precisa Docobo, quen lembra que aínda que o Concilio de Nicea (ano 325 dC.) fixou o comezo desta estación o día 21 de marzo, a realidade é que certos fenómenos astronómicos, tales como a Precesión nos equinoccios, varían a hora e mesmo o día do seu comezo. O director do Observatorio Astronómico da USC avanzou nese senso que, ao longo do presente século XXI, o inicio da primavera abrangue un abano temporal máis ou menos amplo como é o que vai desde as 2.00 horas do 21 de marzo de 2003 ata as 14.03 horas do 19 de marzo de 2096.

Si tedes terraza ou vistas amplas desde o balcón

A entrada da nova estación ofrece dúas boas oportunidades de contemplar a Mercurio a simple vista, unha na mañanciña do 24 de marzo (mañá martes) e outra, logo do solpor cara ao 4 de xuño. En relación coa observación a simple vista dos planetas, cómpre destacar tamén a presenza de Venus no Oeste nas primeiras horas da noite, e de Xúpiter, cara o Leste, na segunda parte da mesma.

Con sorte sairemos a ver as chuvias de estrelas

O período primaveral que agora comeza trae consigo, engadiu Docobo, dúas choivas de estrelas, as Líridas, con máximo na noite do 22 ao 23 de abril, e máis as Eta-Acuáridas, con máximo nos amenceres dos días 5, 6, e 7 de maio. O 5 de xuño terá lugar unha eclipse penumbral de Sol, pero este tipo de eclipses pasan desapercibidos ao público toda vez que a Lúa segue a verse enteira, aínda que menos iluminada polo Sol. Pola contra as Lúas de cheas de abril e maio van coincidir coa mínima distancia Terra- Lúa (perixeo), polo que darán lugar as chamadas superlúas.

Inverno en Compostela

O inverno chegou ao seu remate na comarca compostelá cun nivel de precipitacións inferior á media. De feito, a estación máis fría do ano deixou na área de Compostela  unha precipitación de 528,5 litros/m2, distribuída ao longo de 35 xornadas. A cantidade media de precipitacións dos invernos na cidade de Santiago e na súa contorna sitúase  en 600 litros por metro cadrado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies